Sánchez debrúzase sobre o abismo
POLÍTICA
PSdeG respalda a convocatoria do congreso

Sánchez debrúzase sobre o abismo

Ou todo ou nada. Ou todo o poder para o secretario xeral ou a morte política a mans dos baróns. A aposta de Pedro Sánchez xa non ten volta atrás. Ou o Comité Federal aproba este sábado o seu roteiro -novo congreso en decembro, primarias o 23 de outubro- ou o secretario xeral do PSOE se verá abocado a demitir, o que abriría a billa para un goberno Rajoy.


Agora
#GALEGAS25S
O meu soño sempre foi estar no Ironman de Hawai
DEPORTES
Saleta Castro, primeira triatleta galega na proba máis prestixiosa

"O meu soño sempre foi estar no Ironman de Hawai"

Kona, en Hawai, espera a triatleta Saleta Castro. Será a primeira galega en participar no Ironman máis prestixioso do mundo, unha proba que consta de 3,86 km. de natación; 180 km. de ciclismo e 42,2 km de carreira a pé. A piques de coller o avión cara a Hawai, onde competirán as 40 mellores triatletas desta modalidade, Saleta Castro atende Sermos Galiza para lle transmitir os momentos previos á proba na meca dos homes e mulleres de ferro.

“Un neno motivado é unha máquina imparable”
CULTURA
GONZALO MACEIRA, FURIOUS MONKEY HOUSE

“Un neno motivado é unha máquina imparable”

Gonzalo Maceira é o mono de Furious Monkey House, ademais do cerebro e o catalizador de toda a ilusión que move esta banda pontevedresa de rock formada por catro nenas, un neno e un simio. E, atención, que tamén están a arrasar entre os adultos. 

Chegan o Tek-Fest e as tecnoloxías emerxentes a Pontevedra
CULTURA

Chegan o Tek-Fest e as tecnoloxías emerxentes a Pontevedra

Na terza feira comeza en Pontevedra a primeira edición do Tek-Fest, o Encontro Internacional de Tecnoloxías Emerxentes que baixo o lema #ACidadeDoFuturo reunirá persoas expertas en deseño, programación, imax, arquitectura, filosofía, moda, educación, social media e arte dixital.


En foco
65 filmes na nova edición de Curtocircuíto
CULTURA

65 filmes na nova edición de Curtocircuíto

O festival compostelán de curtas acollerá 65 fitas ademais de moitas outras actividades, que incluirán encontros abertos con directores como Abel Ferrara ou Sergei Loznitsa. 



Redes

De Saída

Humor