Masivo seguimento da greve estudantil no ensino medio
Erguer cifra a percentaxe de acompañamento da greve en 90 por cento. A paralización das aulas foi total no ensino medio. Nos campus universitarios tamén tivo unha repercusión notábel.
Erguer cifra a percentaxe de acompañamento da greve en 90 por cento. A paralización das aulas foi total no ensino medio. Nos campus universitarios tamén tivo unha repercusión notábel.
Manuel, Ana, Horacio, Andrea, Suso, Xosé Antón, Saleta, Xosé Lois e Rocío son unha pequena mostra dos milleiros de persoas que decidiron restituír os seus apelidos (algúns tamén o nome) á súa forma orixinal. Uns fixérono antes de 1999, coas dificultades que implicaba a galeguización, e outras máis recentemente.
Un acto simbólico -un deputado do BNG rasga no Parlamento unha fotografía de Felipe VI- voltou a pór o PP perante o espello. Nel reflectiuse o rosto dun partido que na práctica non asume a recente sentenza do Tribunal Europeu de Dereitos Humanos en virtude da cal a liberdade de expresión até ampara a queima de imaxes dos monarcas. O PP forzou a máquina para sancionar Luís Bará, o protagonista do lance. É un home de talante templado e de firmes conviccións: "Estamos nun momento en que cómpre facer xestos de radicalidade democrática".