Agora
Sete fundacións preparan o lanzamento da plataforma social Vía Galega
POLÍTICA

Sete fundacións preparan o lanzamento da plataforma social Vía Galega

Son do ámbito do soberanismo, contan até o de agora co apoio de 23 colectivos sociais e visan como obxectivo a defensa dos intereses nacionais galegos. Mantiveron xa unha reunión exploratoria o pasado 16 de decembro en Compostela e este sábado teñen axendada unha nova cimeira, tamén na capital do país.

#sermos280: Reparto de axudas da Xunta a dedo
SOCIAL

#sermos280: Reparto de axudas da Xunta a dedo

Máis un semanario na rúa. Entrevistamos Carles Campuzano (PdeCAT) e o cantor Manolo Bacalhau, falamos da rede clientelar en Venexuela que recibe cartos a dedo da Xunta, dun decreto da Risga insuficiente e serodio, dun mapa do Reino de Galiza do 946.  E anunciamos ‘O diario galego’, nome da cabeceira que sairá en 2019. Todo isto, e máis, xa na nosa loxa.

Cinco Feiras
(Cando me puxen neste desafío de publicar cinco apuntamentos consecutivos cada semana tiña xa medo de que resultase obsesivo, e aínda vai ser. Acordei a noite pasada co soño de que esquecera enviar o...
“A Xunta e o PP dan a razón á Iniciativa Popular por Castelao”
CULTURA
'A derradeira lección do mestre' exporase este ano na Cidade da Cultura

“A Xunta e o PP dan a razón á Iniciativa Popular por Castelao”

O 29 de setembro de 2015, a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro defendeu no Parlamento galego unha Iniciativa Lexislativa Popular “en defensa do dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Castelao polo pobo galego”. O PP votou en contra. Máis dous anos despois, é a Xunta a que asume parcialmente o seu contido: no último trimestre do ano, a Cidade da Cultura acollerá a exposición de A derradeira lección do mestre.


En foco
Artes pola cooperación e o desenvolvemento
SOCIAL
Éxito de público no 13º evento Implícate

Artes pola cooperación e o desenvolvemento

O evento anual co que a ONG Implicadas no Desenvolvemento atinxiu o domingo a súa décimo terceira edición. A mestura e o cruzamento de artes, nun serán conducido pola poeta Yolanda Castaño e o actor Mon Santiso, volveron caracterizar o Implícate. Como cada ano desde 2006, o Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu, con boa entrada, as actuacións.
 



Redes
FB SERMOSGZ
 
SermosGZ

De Saída
1968: Manuel María inventa a poesía infantil en galego
CULTURA
Reedición de 'Os soños na gaiola' ilustrado por Patiño

1968: Manuel María inventa a poesía infantil en galego

Algúns dos poemas máis célebres da literatura galega atópanse nun libro humilde, cuxa primeira edición facturou un fabricante de cartóns para confitarías. Os soños na gaiola, de Manuel María, non só achegou a lingua a centos de cativas e cativos. Tamén inventou un xénero para o galego: a poesía infantil. A fundación que custodia o legado do poeta vén de editar a obra na versión máis achegada a como a concibira por primeira vez hai medio século.
 


Humor
x