Agadic chega a un acordo con Cans e o resto dos festivais

Agadic chega a un acordo con Cans e o resto dos festivais
Imaxe do Festival de Cans 2015 [Foto: Alberto P. Barahona]
Imaxe do Festival de Cans 2015 [Foto: Alberto P. Barahona]  


Por problemas de tipo informático na tramitación nin Cans nin outros catro festivais de cinema puideran conseguir as axudas destinadas a esta cuestión. Pero agora veñen de acadar un acordo coa Administración. 


A obriga da tramitación electrónica nas axudas públicas desde este ano provocou unha treboada no mundo dos festivais de cine. Tanto o de Cans, como Curtocircuíto, Primavera de Cine, Cineuropa e FKM quedaran sen apoio de AGADIC por problemas coa plataforma informática e o evento do Porriño capitaneou a protesta pública, chegando a falar de emprender accións legais.

Un mes despois estes festivais veñen de chegar a un acordo coa Xunta grazas ao cal se repartirán o orzamento que quedou sen adxudicar na resolución das subvencións. Iso si, todos agás Cineuropa, dado que non poden levar subvención dous certames presentados por unha mesma entidade ou institución.

Un mes despois estes festivais veñen de chegar a un acordo coa Xunta grazas ao cal se repartirán o orzamento que quedou sen adxudicar na resolución das subvencións.

En virtude deste acordo, os devanditos festivais percibirán diferentes cantidades, proporcionais ás que ían ser solicitadas de seren admitidas as súas solicitudes e que procederán dos 33.439 euros non executados na resolución das subvencións da Agadic a festivais do sector audiovisual. 

A Consellaría de Cultura e a Coordinadora de Festivais de Cinema, que acubilla todos os certames do país, chegaron a esta solución conxunta que pon fin "a unha situación excepcional, complexa, e non desexada por ningunha das partes", tal e como afirma a Xunta no seu comunicado de prensa. 



x