Agustín Fernández Paz, o máis lido nos clubs de lectura

Agustín Fernández Paz, o máis lido nos clubs de lectura
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz  

Co Premio dos Clubs de Lectura 2015, o escritor Agustín Fernández Paz vén de ser recoñecido como o máis lido no ámbito educativo nestes grupos voluntarios de lectura colectiva. O autor ven de sumar dous novos títulos a súa conta de libros. 


 

O Premio dos Clubs de Lectura 2015 engádese agora ao numeroso ronsel de recoñecementos do escritor Agustín Fernández Paz. Outorgado co gallo do Día Mundial do Libro, o premio destaca ao escritor como o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo do pasado curso. Fernández Paz recollerá o novo premio o vindeiro 5 de xuño na VIII Xornada dos Clubs de Lectura que se desenvolverá en Compostela. 

Dous novos libros

A neve interminable (Xerais) máis Amizades secretas (Edebé) son os dous novos títulos que o escritor vén de sumar a súa xa dilatada conta de libros. Con A neve interminable regresa o autor ao misterio e o medo nun diálogo cun dos seus libros máis lidos, o Cartas de inverno publicado vinte anos atrás. A historia da novela desenvólvese na Fonsagrada, na hospedaxe onde se instala un equipo de guionistas para traballar na serie de televisión As fronteiras do medo. Unha neve interminábel aillará ao grupo do resto do mundo.  En Amizades secretas, o escritor diríxese de novo ás crianzas de menor idea coa historia dunha rata curiosa que vive no tobo dunha casa nunha cidade vella na que vai vivir Beatriz e a súa familia.



x