QUE FACER?

A Aldea do Couto (Ponteceso) acolle esta finde o Festiletras

A Aldea do Couto (Ponteceso) acolle esta finde o Festiletras

 

  • Sexta feira

 

A cabeza do dragón

A Estrada

Teatro Principal

21.00h

O primeiro Valle-Inclán en galego continúa de xira con esta fábula esperpéntica chea de máscaras e combates acrobáticos. 

 

Tropical

Santiago de Compostela

Salón Teatro

20.30h

Elefante Elegante leva a escena a historia de dúas viaxes: unha que comeza na Europa e remata nun país tropical e outra no sentido contrario.

 

  • Sábado.

 

Estado de graza

Ferrol

Teatro Jofre

20.30h

Epifanía da mala filla. Unha obra protagonizada por catro mulleres que loitan por estabelecer o seu lugar no mundo e ambientada no tardofranquismo. 

 

  • Sábado e domingo

Plis Plas Festival 

Vigo

Navia

13-14.05.2017

Festival urbano para crianzas e familias, con espectáculos teatrais, concertos, obradoiros, contacontos, xogos, deportes, feira...

 

  •  Domingo

 

Carapaus

Taragoña 

Curral do Marqués 

13.00h

Formados durante anos na música tradicional, Os Carapaus combinan instrumentos da tradición galega en diferentes formacións con frescura e ritmo. 

 

Terapia de Bar 

San Sadurniño

Casa da Cultura

19.00h

Comedia de terror, vicios e manías ambientada no Bar da Costa, un lugar peculiar no que poucas veces para alguén, ou do que ninguén volta. 

 

  • Toda a finde

 

Festiletras

Ponteceso 

Aldea do Couto 

O Festival das Letras cumpre 35 anos e para celebralo volta cun programa cultural moi especial: 35 actos para percorrer cada edición. Recitais poéticos com alguns dos membros do Batallón Literario da Costa da Morte e concertos de Ses, Guadi Galego, Uxía, De Vacas e Luar na Lubre son os pratos fortes. E aínda máis, haberá teatro, monólogos, contacontos…

 

Panóptic@s. Téxtiles tradicionais

Carballo

Pazo da Cultura

En Panóptic@s encontramos unha exposición de tecido tradicional galego, iniciativa dos teceláns Carlos Díaz e Manuel Otero. A mostra é unha colección de teas, roupa de cama e vestidos feitos na súa maioría con liño e la recollidos por toda Galiza, desde localidades bergantiñás como Sofán e Cerqueda até outras como Vilariño de Conso, en Ourense.

 

 



x