CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Alice Cooper

Alice Cooper

Paranormal, ademais de ser o título do novo disco de Alice Cooper,  que fai o número 27 da súa carreira, e sen dúbida o propio roqueiro de Detroit. Cooper,  aos seus 69 anos segue mantendo o ritmo regular de edición de novos  álbumes e sen deixar de pisar os escenarios.  


O pai do shock rock, irrompe cun novo traballo puramente guitarreiro e no que se volve a ser capa de non sonar repetitivo co mesmo estilo que leva a facer preto de 50 anos de carreira.  Claro queda que a súa voz xa non é a mesma que antes, e que este álbum non é Welcome To My Nightmare nin tampouco é Trash, pero que é claramente un disco de Alice Cooper. Nos 10 temas do disco,  notamos como a forza recae nas guitarras de Strauss e Henriksen co que Cooper deixa claro cal é o espírito deste traballo ao facer dos riffs cheos de glam rock a súa bandeira.

 

A apertura do disco con Paranormal  é un increscendo de sensacións no que Cooper deixa entrever o seu aire máis setenteiro, que vai cobrando forma a medida que vai avanzando, divertindo pero sen sorprender. A falta de sorpresa é unha das tónicas que achamos neste plástico. Ben por tratar de demostrar, cousa que consegue, que é un artista que segue ao pé do canón e en plena forma, non é quen tampouco de arriscar un pouco na proposta.  O primeiro tema que chama a atención é Fireball, o terceiro corte, onde achamos unha produción bastante retro  no que a voz de Cooper  fica afogada en  segundo plano  dunhas harmonías propias dos oitenta nas que as guitarras xogan ao seu antollo. Achamos que o seguinte tema é Paranoiac Personality, que o fora xa o sinxelo elixido como adianto. Pode que sexa o mellor tema do disco, composto como cuns ritmos claramente marcados tratando de darlle forma dun novo himno que cante a parroquia co puño en flor en cada directo.

 

Fallen in Love,  conta coa colaboración do guitarrista de ZZ Top, Billy Gibbons o que fai que impregne co seu estilo  todo o tema quitándolle protagonismo a o propio Cooper,  que recupera con Dynamite Rock, outro dos temas destacados do disco pola súa potencia e garra roqueira que invita a moverte sen poder evitalo, ao mesmo xeito que fai con Rats. Deixando claro que o  rock  é o estilo que máis lle presta.  O resto de pezas, malia non ser malos temas, tampouco son temas que transmitan algo que chame a atención, pero son os encargados de manter a liña do álbum sen dar paso ao aburrimento.

 

Especial mención merece o segundo  CD que contén 8  bonus tracks, 6 deles gravados en directo e 2 deles, gravados en estudio con Alice Cooper Band orixinal. Trátase de Genuine American Girl  e You An All Your Friends  e son o verdadeiro motivo para facerse con este disco. Aquí achamos ao verdadeiro Alice Cooper, o que nos namorou con Welcome To My Nighmare  e tratou de aterrarnos nos seu directos. Dúas verdadeiras xoias.

 

Un novo disco de Alice Cooper que sen dúbida gustará aos seus máis fieis seguidores, mais que non pasará á historia. Serve para demostrar que Cooper  segue vivo, facendo o que sabe facer e listo para seguir percorrendo os escenarios de todo o mundo co seu espectáculo de shock rock.

 

Alice Cooper nas redes. Twitter, facebook e web

 

Listaxe de temas

CD I

Paranormal

Dead Flies

Fireball

Paranoiac Personality

Fallen In Love

Dynamite Road

Private Public Breakdown

Holy Water

Rats

The Sound Of A

 

CD II

 

Genuine American Girl (coa Original Alice Cooper Band)

You And All Of Your Friends (coa Original Alice Cooper Band)

No More Mr. Nice Guy (live in Columbus)



x