Alicia Castro gaña o XIII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Alicia Castro gaña o XIII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

O xurado do XIII Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, convocado pola Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos da Coruña, otorgou o primeiro premio a Alicia Castro, alumna do IES de Foz, pola serie titulada Camelias en el agua. Nesta edición participaban 320 fotografías de alumnos de secundaria e FP galegos.


Alicia Castro, alumna do IES de Foz, foi a gañadora da XIII edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato coa serie titulada Camelias en el agua. O segundo e o terceiro premio deste concurso foron outorgados a Zeltia Iglesias pola serie (De)pressom e a Óscar Suárez pola foto Construímos contaminación respectivamente. O xurado tamén concedeu unha beca a Alexia García pola serie Reflexo dunha instantánea. Neste edición outorgáronse ademais varios accésits.

O acto de entrega dos premios tivo lugar esta quinta feira 20 de abril nun acto presidido por José Manuel Sande, concelleiro de Cultura do concello da Coruña. No encontro presentouse tamén o traballo de Raque Gallardo, gañadora da bolsa do ano pasado, que leva por nome Contratastes. Como invitada especial asistiu a actriz Isabel Risco.

O Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, promovido pola Asociación de Antigos Alumnos do IES Monelos, busca fomentar a fotografía como linguaxe de expresión na mocidade galega. Este certame está aberto a todos os estudantes de ESO, bacharelato e formación profesional da Galiza. O xurado destaca unha progresiva mellora da calidade dos traballos presentados así como a alta participación. 
 



x