CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Annihilator: trash para dementes

Annihilator: trash para dementes

Xa hai tempo que comentara que este estaba a ser un gran ano para o trash metal. Se pensabamos que xa o ano estaba a piques de rematar e que non teríamos mías sorpresas trasheiras, estábamos errados. Faltaba por chegar o novo traballo dos canadianos Annihilator, uns pesos pesados do trash máis clásico polos que parecen non pasar os anos.


Parece que foi onte cando a banda de Jeff Waters editara o seu sorprende álbum de debut, Alice in Hell,  pero o certo é que o tempo pasou e a banda acaba de lanzar For The Demented,  o disco número 16 da súa carreira. Este novo álbum contén 10 temas que son, senón unha fe de vida da banda, unha proba de que seguen aí e sen pensar no retiro e moito menos na re-invención. Non vou negar que Annihilator é unha banda da que desfruto moito máis en directo que en plástico, obviando os seus dous primeiros traballo, Alice in Hell  e Never, Neverland. O principal motivo de isto é, entre outras cousas, o excesivo cambio de vocalistas. Se a memoria non me falla, foron 7 cantantes os que pasaron pola banda até que o propio Waters se fixo cargo das voces, no que pode que non sexa a decisión máis atinada. O excesivo control do proxecto pola, súa parte fai que o resto dos compoñentes non aporten moito e non se sintan identificados co proxecto. Se botamos a vista atrás, vemos que pola banda pasaron, ademais dos vocalistas, 5 guitarristas, 10 baixistas e 13 baterías, o que deixa claro que e quen é a banda.

 

Centrándonos neste For the Demented, o primeiro que chama a atención é como sobrevoa o espírito de Metallica e Megadeth  durante todos os temas, como se Waters tentase de facerlle unha homenaxe co seu estilo vocal. Dende o tema de apertura, Twisted Lobotomy, os riffs e a interpretación vocal deixa ver que Waters debeu de estar a escoitar constantemente o Master os Puppets no proceso de composición e gravación do álbum, ou de non ser así, foi posuído polo espírito de Hetfield. Máis isto non significa que perdera o seu propio ser, senón que ao son propio de Annhiliator se lle engadiron estas pinceladas. Non temos que esquecer que a banda fai trash clásico polo que é normal estas referencias, de feito o segundo corte One to Kill  continúa por estes vieiros. Estes dous temas son, para min, os mellores do álbum e os que resumen non só a traxectoria da banda, senón o que imos a atopar no disco. 

 

Se a memoria non me falla, foron 7 cantantes os que pasaron pola banda até que o propio Waters se fixo cargo das voces, no que pode que non sexa a decisión máis atinada

 

Non todo son altas revolucións, mais tamén hai tempo para unha balada, que neste caso é Pieces of You. Sendo este o tema máis frouxo do álbum, non deixa de ser un corte no ambiente para deixar paso ao seu lado mais metaleiro e menos trasher en The Demon You Know, cuxos riffs nostálxicos lévannos de volta aos 80 e no que a voz de Waters é presa das súas carencias. Probablemente este tema gañaría moito coa voz de Randy Rampage, que por desgraza xa non está na banda. E marcando ese camiño oitenteiro -aínda que desta vez na senda trasher -segue Phantom Asylum, aínda que o seu retrouso tras moitas escoitas pida cantar Million Dollar Baby, coma se o bon de Alice Cooper fixese das súas no subconsciente de Waters,  porque esta é outra das patas das influencias deste trabalo, a parte máis roqueira. Malia que o revista de trash¸ hai unha clara influencia do rock dos 70 que se fai xa patente claramente en The Way.  

 

O álbum fecha con dúas pezas, cando menos curiosas. O  instrumental The Dark  parece sacado da banda sonora dunha película de terror dos oitenta. Un tema curto e ambiental que deixa descolocado após a súa escoita e non fica claro porque  foi incluído. Not all There, o tema escollido para fechar, é unha mestura de estilos e tempos tales no que se atreven até con pasaxes puramente funkys. Unha proba de que a estas alturas, aínda que segue fiel ao seu estilo, Jeff Waters pode facer o que lle pete.

 

Como case todos os traballos da banda, non é un disco que entre á primeira escoita, agás aos seus máis fieis seguidores, pero que co tempo vai gañando e vanse descubrindo novos matices que lle dan un valor engadido e vaise descubrindo como un dos mellores discos de Annihilator dos últimos anos. Sen dúbida onde amosará todo seu potencial será en directo. 

 

 

ANNIHILATOR NAS REDES

Web: https://www.annihilatormetal.com/

Facebook: https://www.facebook.com/annihilatorband/

Twitter: @AnnihilatorBand

 

LISTAXE DE TEMAS

01. Twisted Lobotomy

02. One To Kill

03. For The Demented

04. Pieces of You

05. The Demon You Know

06. Phantom Asylum 

07. Altering The Alter

08. The Way

09. Dark

10. Not All There

 

 

 

 



x