O Armadiña regresa co mellor do rock do país

O Armadiña regresa co mellor do rock do país
Heredeiros da Crus encabezan o cartel da sexta feira.
Heredeiros da Crus encabezan o cartel da sexta feira.  

Heredeiros da Crus, Dakidarría, Ruxe-Ruxe ou Def con Dos son algunhas das referencias que poderemos atopar no Armadiña de Combarro do 25 ao 27 de agosto. 


O 25 de agosto, sexta feira, estará protagonizado por bandas exclusivamente galegas, desde Heredeiros da Crus, Dakidarría ou Brinkadelia, até Blues do Pais, Uxía Lambona e a Banda Molona, e a batucada Os Queimatasas de Poio. 

 

O sábado enriba do palco estarán Talco, Def Con Dos, Ruxe-Ruxe, The Skarnivals, Bala, Kitai, Leo Arremecághona, Carla Green & The Demons, DeLombaos, Fanfarria Taquikardia e Pinguela. O domingo será un día máis dedicado ao público familiar, con The Soul Breakers, Armadiña Kids, relatorios, embarcacións tradicionais, teatro, circo e clown. 

 

Durante a presentación do festival, Luara Currás, presidenta da ACDeM Armadiña recordou as orixes do festival e fixo un percorrido desde aquela primeira edición, onde o festival se definía coma un proxecto humilde e pequeno, até a actualidade, no que é un dos festivais musicais máis salientables das Rías Baixas. Recordou que para chegar ata o punto no que se atopa foi indispensable a constancia, o empeño e, sobre todo, o traballo dos membros da asociación, así como tamén o apoio das administracións públicas e dos propios veciños da aldea de Combarro.



x