Ataque Escampe: novo vídeo, ‘E eu que chorei con Ghost’, e concerto especial en Teo

Ataque Escampe: novo vídeo, ‘E eu que chorei con Ghost’, e concerto especial en Teo
Fotograma do clip.
Fotograma do clip.  

É o cuarto videoclip do LP ‘Primeiros bicos’, e gravouse no metro de Nova York. Vídeo no interior.


Ataque Escampe saca novo vídeo, "E eu que chorei con Ghost", realizado por David Silva para Registro de filmaciones e interpretado por Miguel Mosqueira, guitarrista e cantante de Ataque Escampe. Gravouse en outubro de 2017 no metro de Nova York. É o cuarto videoclip do LP Primeiros bicos, o sexto traballo dos Ataque, despois de "Alan Lomax", "Papá borracho" e "Mondariz-Balneario".

 

Ataque Escampe inaugura esta sexta feira en Teo a segunda parte da xira de presentación de Primeiros Bicos (2017). Será cun concerto especial no Auditorio da Ramallosa en formato sexteto, cos teclados de Álex Salgueiro (Álex Salgueiro Trío, Malandrómeda, Inmaculate Fools, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Galegoz...).

 

Primeiros bicos é o sexto LP de Ataque Escampe. Pódese escoitar gratuitamente no Bandcamp do grupo e en plataformas como Spotify ou Deezer.



x