ENTRE 2008 E 2015

Cae un 44 por cento o número de libros publicados en galego

Cae un 44 por cento o número de libros publicados en galego

No período que abrangue desde os anos 2008 ao 2015, o número de libros publicados en galego sufriu unha queda do 43,80 por cento. Perdéronse máis de mil títulos en só sete anos. Son dados do informe O libro e a edición na Galiza, que difundiu esta cuarta feira o Observatorio da Cultura Galega do CCG.


O Observatorio da Cultura Galega do CCG vén de publicar un informe sobre a edición e o libro no país, un documento que constitúe unha radiografía do sector nos últimos anos. Segundo o Observatorio, o número de libros publicados en galego caeu un 43,80% e perdéronse máis de mil títulos en tan só sete anos. A edición privada supuxo, neste sentido, un 94% de toda a edición de libros en galego, fronte á edición pública, un 6%.

Aliás, o informe cifra en 24,6% a caída de obras editadas nos últimos cinco anos, a diferenza do conxunto estatal, en que o número de títulos aumentou. Outro dos dados achegados por este observatorio reflicten que na Galiza se editaron un total de 2.266 libros en 2015, 338 menos que en 2014. Pola outra banda, o documento alude á diminución de traducións ao galego entre 2008 e 2014.