QUE FACER?

A Candeloria Festival, o prato forte da finde

A Candeloria Festival, o prato forte da finde
Ruxe Ruxe estará na Candeloria
Ruxe Ruxe estará na Candeloria  

  • Sexta feira

Venres Culturais

Carballo

Casa da Cultura

21.00h

Teatro de Ningures representa Unhas poucas picadelas, unha historia tráxica de violencia machista, dirixida ao público adulto.

 

A actualidade desde Sobredo

Tui

Edificio San Domingos

19 horas

Conferencia de Camilo Nogueira Román, político e pensador galego, sob o título de "Galiza, unha das primeiras nacións de Europa".

 

  • Sábado

SES

Burela 

Auditorio de Burela 

21.00h

Concerto presentación de Opoñerse á extinción, cuarto e último traballo discográfico da cantautora galega. 

 

Heredeiros da Crus

Ponferrada 

Sala La Vaca 

23.00h

Concerto dentro da súa xira conmemorativa 25 anos, coas súas inconfundíbeis letras acompañadas dun espectáculo irreverente. 

 

  • Toda a finde

A Candeloria Festival

Lugo

Pazo de Feiras e Congresos

O festival festexa a súa IV edición con bandas representativas da Galiza e con actividades alternativas. Na sexta feira estarán Talco, Aspencat, Rebeliom do Inframundo, Arrhythmia, Falperrys e Tremenda Jauría; e o sábado con Soziedad Alkoholika, Gatillazo, Dakidarría, Lendakaris Muertos, DeLombaos, Ruxe-Ruxe, Labregos no Tempo dos Sputniks e Ezetaerre.

 

Os nenos que viviron e debuxaron o Holocausto

Santiago de Compostela

Pazo de Fonseca

Até o 24 de febreiro

Trátase dunha exposición que alberga debuxos das crianzas que viviron entre 1940 e 1945 no campo nazi do Ghetto de Terezin (República Checa), con motivo do Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto. A mostra está conformada por 33 debuxos realizados que deixan ver a crueldade do que significou o horror nazi. 

 

Exposición Manuela Varela. No territorio dun creador

A Coruña

Casa Museo Casares Quiroga

Até o 5 de marzo

A mostra recompila traballos realizados pola actriz baixo a dirección de Lino Braxe.

 

Exposición Rosalía de Castro

A Coruña

Kiosko Alfonso

Até o 19 de marzo

Airiños Aires Rosalía é unha homenaxe de Xurxo Lobato a Rosalía de Castro con 50 fotografías nas que se describe a xeografía vital da escritora.

Por vez primeira reúnense nunha mostra todos os retratos fotográficos que se conservan da grande poeta nacional.

 

  • Domingo

Domingos de Teatro

Pontevedra

Teatro Principal

12.00 e 18.30h

Superheroe, unha peza cargada de acción, inspirada na banda deseñada, espectáculo de máscaras e monicreques para crianzas a partir de 8 anos. 



x