ESTA QUINTA FEIRA NO TEATRO ROSALÍA DA CORUÑA

Os Capercaillie, mitos do folk new age escocés, celebran máis de 30 anos nos escenarios

Os Capercaillie, mitos do folk new age escocés, celebran máis de 30 anos nos escenarios
A banda escocesa Capercaillie.
A banda escocesa Capercaillie.  

Unha das bandas de máis sona da avalancha folk dos anos oitenta, sección celta, estará esta quinta feira no Teatro Rosalía da Coruña. Catro anos despois do seu último disco -At the heart of it all (2013)-, co que celebraron 30 anos nos escenarios, os escoceses Capercaillie pisarán Galiza para amosar a súa particular mestura de folclore e arranxos máis ou menos contemporáneos.
 


Capercaillie acadaron repercusión internacional ao abeiro do primixenio boom do folk celta. Facerse maiores na década dos oitenta implicou certas consecuencias estéticas. Nos seus discos da época, os ecos new age adubían a relectura da tradición gaélica escocesa. O seu disco de 1991, Delirium, situounos no circuíto das chamadas "músicas de fusión". Os baixos funk transportáronos a territorios daquela inauditos e fornecéronos dos seus maiores éxitos comerciais.

 

En 1992, Coisich a Ruin -incluída no EP A Prince Among Islands- converteuse na primeira canción en gaélico escocés en entrar no top 40 do Reino Unido. A banda, orixinaria da rexión de Argyll no oeste escocés, chega á Coruña con 19 discos ás costas. O concerto será ás 20.30 horas.



x