Carballo, epicentro da arte urbana

Carballo, epicentro da arte urbana
[Imaxe: Rexenera Fest]
[Imaxe: Rexenera Fest]  

O Carballo, obra de Paula Freire e Roberta Venanzi, foi o punto de partida. A raíz da creación deste mural da rúa Sol que representa a vexetación da capital de Bergantiños xurdiron medio cento de pinturas, boa parte delas de gran formato, que fan de Carballo a capital da arte urbana na Galiza. Deixamos aquí un extracto da información que publicamos ao respeito no semanario.


Todo comezou co cambio de almanaque, no paso entre 2013 e 2014, cun mural no barrio da Milagrosa centrada nunha folla de Carballo. Asinábana Paula Freire e Roberta Venanzi. Foi o xerme que agromou no proxecto Derrubando muros con pintura, que cada ano reúne no festival Rexenera Fest, un evento internacional de primeiro nivel, as e os mellores artista chegados desde distintos puntos do planeta.

 

2“Concibiamos xa entón a arte e a cultura como promoción económica e turismo, e eramos conscientes de que había un colectivo importante de artistas que trataban de abrirse camiño no mundo da cultura”, sinala o edil de Promoción Económica, Xosé Regueira. Quen foi o pai da criatura bota a ollada atrás e reivindica a profesionalización das e dos artistas, “no mundo da cultura dá a sensación de que a persoa ten que traballar para lle alegrar o mundo á xente pero sen cobrar, e nós queriamos axudar o protexer o sector”.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 250 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques e puntos de venda habituais]



x