QUE FACER?

Cedeira acolle durante toda a finde o I Festival de música galego-portuguesa

Cedeira acolle durante toda a finde o I Festival de música galego-portuguesa
Fotografía de Xosé Abad, pertencente á mostra "Oficios entre lusco e fusco"
Fotografía de Xosé Abad, pertencente á mostra "Oficios entre lusco e fusco"  

 

  • Sexta feira

 

Costa da Morte. Crónica marítima 

Carballo

Centro Social de Cances

20.30h

Presentación literaria de Rafael Lema Mouzo, con Costa da Morte. Crónica marítima. Agasalla cun exemplar de balde as persoas asistentes.

 

  • Sábado

 

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

Oleiros

Auditorio da Fábrica de Perillo

20.30h

Despois dun ano de xira e galardóns, As Adufeiras de Salitre e Xabier Díaz continúan a lume co álbum The tambourine man. Imperdíbel. 

 

Obradorio de monifates

Allariz

Fundación Vicente Risco

12.00h

Un obradoiro destinado a crianzas de máis de seis anos para aprender a facer os seus propios monifates.

 

  • Domingo

 

Medios de comunicación e violencia contra as mulleres

Bueu

Sala Amalia Domínguez Búa

12.00h

Palestra con Llerena Perezo, feminista e editora, baixo o lema Medios de comunicación e violencia contra as mulleres para entregar o XIV Premio de Xornalismo Johán Carballeira a Montse Dopico e a María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza. Organizan a charla a Deputación de Pontevedra, o Concello de Bueu e a asociación Amigos de Johán Carballeira.

 

  • Toda a finde

festival_musica_gl_pt

 

I Festival da música galego-portuguesa

Cedeira 

Auditorio Municipal

Festival tributo á vida e obra de José Zeca Afonso, iniciativa que coincide co trixésimo aniversario do seu pasamento. O programa inclúe unha exposición biográfica e musical, mesa redonda sobre o homenaxeado e máis concertos. Unha magnífica oportunidade para afondar na música lusa, desde o fado ao o pop.

 

Oficios entre lusco e fusco

Pontevedra 

Café Moderno Afundación 

Até 27 de maio.

Unha mostra fotográfica de Xosé Abad sobre o mundo dos oficios tradicionais galegos, organizada por Afundación e o Museo do Pobo Galego.



x