O Colón tamén cancela finalmente a obra de Cremades

O Colón tamén cancela finalmente a obra de Cremades
Rolda de prensa na que se anunciou a cancelación do espectáculo
Rolda de prensa na que se anunciou a cancelación do espectáculo  

Logo de negarse a facelo, o Teatro Colón rematou cedendo ás presións tanto da sociedade como das institucións, e vén de anunciar o cancelamento da obra "Te odio, pero como amigo". 


A dirección do teatro coruñés anunciou hoxe -sextafeira- a decisión, apoiada na Deputación da Coruña (propietaria do teatro, pero non xestora) e no Concello da Coruña. Segundo a súa nota de prensa "o artista manifestou a súa intención de subir ao escenario do Colón para satisfacer os fans que xa mercaran a entrada, pero non quixo prexudicar o teatro nin a súa dirección". 

A obra “Te odio, pero como amigo”, prevista para el próximo 25 de marzo, xa fora cancelada en outras moitas cidades do Estado, como Bilbao, Elxe ou Xixón, logo da trascendencia das declaracións machistas efectuadas por Jorge Cremades en diversos de comunicación. E a semana pasada, con motivo do 8 de marzo, facía o propio o Teatro Afundación de Vigo, a outra actuación prevista en Galiza.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, parabenizou a todas as partes implicadas na suspensión do espectáculo, que  cualificou como unha vitoria do movemento feminista e agradeceu o esforzo da xestión do Teatro Colón e a participación do Concello da Coruña á hora de conseguir o que definiu como “unha boa noticia para o conxunto da cidadanía”.

“Temos que manter un compromiso firme de tolerancia cero co machismo e con todo comentario que non sexa serio e rigoroso sobre violencia contra as mulleres que, finalmente, poden funcionar de maneira moi negativa na sociedade”, dixo Goretti Sanmartín.

Pola súa parte, a concelleira de Igualdade da Coruña, Rocío Fraga destacou o “diálogo aberto” con todas as partes implicadas e defendeu que “as administracións públicas teñen que ter claro os espectáculos que se poden programar, a cultura ten que favorecer a igualdade”, ao tempo que relacionou o acontecido coa “xestión privada dos espazos públicos”.
 



x