Corenta anos do Museo do Pobo Galego e o entusiasmo polo país que foi, é e será

museo pobo galego
museo pobo galego  

Coa impronta do Museo Etnográfico creado en 1932 polo Seminario de Estudos Galegos na memoria, inaugurábase o 29 de outubro de 1977 o Museo do Pobo Galego. Unha institución que, 40 anos despois, quere continuar a tomar o pulso do pobo polo que existe.

Houbo un antecedente do Museo do Pobo Galego. Foi en 1932 e chamábase Museo Etnográfico, impulsado pola xente do Seminario de Estudos Galegos (SEG), iniciativa frustrada polo golpe fascista de 1936. En 1976 creábase o Museo do Pobo Galego cuns obxectivos claros: “Investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega en todos os seus ámbitos”. Un compromiso para o que a creación e desenvolvemento dun museo era unha peza chave. As primeiras salas inauguráronse en 1977, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago de Compostela.

Este sábado o MPG celebraba os seus corenta anos de vida. Facíao nun acto institucional coa asemblea extraordinaria do Padroado como eixo. Estiveron presentes o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Goretti Sanmartín, entre outros.

Xusto Beramendi, presidente do Padroado, recoñeceu e destacou os avances conseguidos nestas catro décadas no MPG mais tamén afirmou que estes foron “menos dos que debería haber”. Sinalou retos da institución. Nomeadamente tres: ampliación do cadro de persoal, renovación da dirección do Museo e, sobre todo, a substitución xeracional. Pasos que considera importantes para superar o “bloqueo” derivado da falla de medios e persoal.

A necesidade de reformular o Museo, ampliando contidos á “Galiza urbana” e apostando en novas metodoloxías, tamén foi tratado no discurso do presidente do Padroado, consciente de que o MPG ten a obriga de sintonizar coa Galiza actual. 

Núñez Feijóo anunciou a ampliación das instalacións para antes do 2020. Maryiño Noriega celebrou que, embora as dificultades, o MPG sexa unha "feliz e fructífera realidade", para alén de reclamar unha "solución" para o Panteón dos Galegos Ilustres, Goretti Sanmartín, de por parte, destacou a importancia deste "proxecto colectivo de país" que "transmite a nosa identidade".