A décima edición de Culturgal contará con Portugal como cultura convidada

A décima edición de Culturgal contará con Portugal como cultura convidada
Público en Culturgal
Público en Culturgal  

A décima edición do Festival Culturgal, que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar entre os días 1 e 3 de decembro. Esta edición estará marcada pola participación do país veciño como cultura convidada e pola adhesión do espazo Arte Contemporánea na programación da feira.


Os máis de 120 stands que acollerá este ano Culturgal colocan á edición como a máis completa ao respeito do seu programa, dentro do cal poderemos atopar proxectos de peso que se están a dar ao outro lado da fronteira portuguesa, coma a Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira. O novo espazo de Arte Contemporánea incorporará tamén a mostra e venda de pezas de arte de forma paralela a dos outros sectores representados en Culturgal.

 

A primeira xornada da mostra contará cun programa enfocado ao mundo profesional, con propostas informativas, formativas e de encontro para profesionais e estudantes de diversos ámbitos que operan na cultura. Durante o sábado e o domingo, os asistentes poderán disfrutar de actividades para os máis pequenos, presentacións de distintas editoriais e espectáculos musicais.

 

Xosé Leal, responsábel de cultura na Deputación de Pontevedra, destacou o importantísimo papel da arte nesta edición: “Celebrar 10 anos e incorporar novidades como o Espazo de Arte Contemporánea, denota a boa saúde e as novas ideas de Culturgal”. O secretario xeral de cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo, insistiu na integración que fai Culturgal entre as industrias culturais e a cultura de base, “cultura inclusiva”. “Hai que ter en conta estes dez anos difíciles, de crise para o público e para as institucións na súa capacidade financieira. A pesar deste escenario, Culturgal non só innova senón que aumenta o seu volume de acollida”, destacou.

 

Nesta edición o equipo directivo de Culturgal recibiu ata 238 propostas para o seu programa, demostrando o interese de entidades e creadores por ter cabida e visibilidade na feira pontevedresa. Porén, o custo da entrada manténse a respeito dos últimos anos, cun  prezo de dos euros para o público adulto e dun euro para os nenos de ata doce anos.

 



x