Doce documentais galegos no Playdoc que comeza esta cuarta feira

Doce documentais galegos no Playdoc que comeza esta cuarta feira
Presentación da 13ª edición de Play-Doc
Presentación da 13ª edición de Play-Doc  

O Festival Internacional de Documentais de Tui, que arrinca esta cuarta feira, exhibirá 12 filmes de autoría galega que representan distintas formas de se achegar ao cine de non ficción. O convidado especial deste ano é o controvertido director franco-canadiano Dominic Gagnon.


A  organización  do  Festival  Internacional  de  Documentais Play-Doc de Tui presentou hoxe, segunda feira, a programación da súa décimo terceira edición, que se desenvolverá do 22 ao 26 de marzo, e que incluirá unha sección titulada ‘Cinema  galego’ con  12  filmes  que representan distintas formas de entender o cine de non ficción e entre as que destaca, así mesmo, unha forte presenza feminina. 

Esta  semana  poderá  verse  en  Tui  a  multipremiada  nos  recente  Mestre  Mateo ‘Esquece Monelos’, de Ángeles Huerta, xunto con cinco estreas mundiais (‘Aysha’, de Fon  Cortizo;   ‘Una  vez  fuimos  salvajes’,  de  Carmen Bellas;  ‘Lenda  Negra’,  de  Elisa Celda, Claudia Gracia, Mario Sanz e Óscar Vincentelli; ‘Quiasma’, de Tono Mejuto, e ‘O equilibrio dous opostos’, de Alberto Baamonde) e unha preestrea (‘Rapa das bestas’, de Jaione  Camborda.  Completan  a  selección  galega  ‘La  fuga  de  los  45’,  de  Cristina Caamaño;  ‘Montañas  ardientes  que  vomitan  fuego’,  de  Helena  Girón  e  Samuel  M. Delgado; ‘Rust’, de  Eloy Domínguez Serén; ‘Manuel Vilariño. Ser luz’, de José Manuel Mouriño; e ‘Vai chover’, de Santiago D. Risco. 

Dominic Ganhon

Alén da programación galega, haberá estreas  mundiais,  óperas  primas  e  xoias  do  pasado  rescatadas  para  a  ocasión. A maiores da súa especial atención á produción galega, o  festival  desenvólvese  arredor  da  competición  internacional  e  de  diferentes  seccións especiais,  como  a  que  lle  dedica  ao  franco-canadiano  Dominic  Gagnon,  director  tan innovador como polémico, quen visitará Tui para a exhibición de cinco dos seus filmes e a  preestrea  da  súa  última  obra,  así  como  para  impartir  unha  masterclass  e  para presentar un programa especial de Cinéma Direct canadense. 

Ademais, froito da  colaboración da  Xunta  de  Galicia  co  Play-Doc, esténdese tamén á actividade do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia),  que  contribúe  á  difusión das figuras  internacionais  que  cada  ano  visitan  Tui. Neste caso, a filmoteca galega dedicaralle a Dominic Gagnon unha retrospectiva do 27 de abril ao 7 de marzo na súa sede da Coruña.



x