‘Dormir com Lisboa’, de Fausta Cardoso, gaña o Antón Risco de Literatura Fantástica

‘Dormir com Lisboa’, de Fausta Cardoso, gaña o Antón Risco de Literatura Fantástica
Xurado do premio
Xurado do premio  

A autora lisboeta faise coa segunda edición deste premio.


O premio de Literatura Fantástica Antón Risco salta o Miño e viaxa até Portugal. A autora lisboeta Fausta Cardoso Pereira é a gañadora desta segunda edición coa súa obra ‘Dormir com Lisboa’. O xurado, que se reuniu en Allariz, estivo integrado por Antonio Manuel Fraga, gañador da anterior edición, César Lorenzo Gil, crítico literario; Elisa Torres, da UTAD; Isabel Cristina Mateus, da Universidade do Minho; Montse Pena Presas, crítica literaria e actuando como secretario sen voto Tomás González Ahola, de Urco Editora.

Cardoso Pereira recibirá como premio 3000 euros (menos os impostos correspondentes) e a publicación da obra. O premio está convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Libraría Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova.

Asemade, o xuri tamén destacou como finalistas a igualdade de puntos as obras presentadas baixo os títulos ‘O neno que soñaba coa lúa’ e 'Penumbra’, as cales, logo de ser valoradas pola editora, poderán optar a seren publicadas, sempre que as súas autoras ou autores estean de acordo e contacten coa editora.

Fausta Cardoso (Lisboa, 1977) ten publicadas ‘O homem do Puzzle’ e ‘Bom caminho’.

 



x