Eli Ríos recolle en Fornelos o premio Lueiro Rey nun acto de homenaxe ao escritor

Eli Ríos recolle en Fornelos o premio Lueiro Rey nun acto de homenaxe ao escritor
Eli Ríos
Eli Ríos  

Eli Ríos, Silvia Penas e Elvira Riveiro recitarán os seus poemas en Fornelos de Montes nunha nova homenaxe ao escritor Lueiro Rey no acto de entrega da segunda edición do premio de poesía que leva o seu nome. O seu biógrafo Ramón Nicolás, o amigo e presidente da RAG, Xesús Alonso Montero e a secretaria da AELG, Mercedes Queixas participarán no acto este domingo día 27. 


A Asociación de Veciños o Cruceiro da Laxe e o Concello de Fornelos de Montes organizan o acto de entrega da segunda edición do Premio de Poesía Lueiro Rey no que será unha nova homenaxe ao escritor no concello no que naceu. A poeta Eli Ríos recitará algunhas das composicións de “Anamnese”, o título polo que recibirá o segundo premio Lueiro Rey de poesía. Canda ela, Silvia Penas, anterior gañadora e Elvira Riveiro, participarán no acto literario no que tamén intervirán Mercedes Queixas, voceira do xurado e secretaria da AELG, ademais de Ramón Nicolás, coordinador do volume colectivo sobre o escritor e o presidente da RAG e amigo de Lueiro, Xesús Alonso Montero. 

A xornada comezará o domingo día 27 ás 11.30 coa inauguración da rúa  Lueiro Rey no seu concello natal, nun acto especial xa que é a primeira ocasión na que en Fornelos se lle pon o nome do escritor a un espazo público. 



x