QUEIPO ADÉNTRASE NA POESÍA ERÓTICA

A exploración lírica do desexo

A exploración lírica do desexo
[Imaxe: Cé Tomé] Xavier Queipo
[Imaxe: Cé Tomé] Xavier Queipo  

O último libro de Xavier Queipo percorre un dos poucos territorios en que a súa obra aínda non se adentrara: o da poesía erótica. Premio Illas Sisargas, é unha das últimas mostras dunha tradición de vello na literatura galega. Eis un extracto do publicado no Sermos Galiza 283.


2No espazo que debuxa o triángulo entre desexo, amor e sexo sucede Home invisible. O último libro de Xavier Queipo (Santiago de Compostela, 1957) é unha investigación singular na lírica amorosa, décimo segundo premio Illas Sisargas de poesía erótica. “Foi tigre salvaxe. / Agora é tigre invisíbel, / sen riscas e sen poutas, / sen mensaxes cifradas e sen cairos lacerantes”, afirma no poema Tigre.

 

A escrita, relata Queipo vía electrónica desde Bruxelas -onde hai anos que reside-, nace do pulo do poeta galego residente en Bélxica Ramón Neto. “En 2013 propuxo un proxecto de poesía erótica como parte do traballo do Colectivo de Poetas de Bruxelas. Así escribín os primeiros poemas”, apunta, “ese foi o xermolo, tres poemas e un par de performances. O libro foise conformando con tempo e maduración”.

 

Quince textos, en que a experimentación formal viaxa do poema prosa aos xogos case caligráficos, conforman Home invisíbel. “Ten unha compoñente de lírica amorosa que vai alén da propia elección formal e da reflexión sobre o desexo, o amor potencial se así se quere”, afirma, “en varios poemas explóranse as relacións entre desexo, sexo e amor, como un trípode vital”. Que compara co corazón, os pulmóns e o cerebro: “[Ese trípode] latexa, respira e manda en toda a obra”.

 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 283 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques habituais]



x