QUE FACER?

Folgoso do Coruel acolle este sábado a Festa da Castaña

Folgoso do Coruel acolle este sábado a Festa da Castaña

Santiago de Compostela. COSENDO REDES DE PAULA CARBALLEIRA. Museo do Pobo Galego. Sexta feira, de 17 a 20 horas.

 

Unha intervención teatral sobre a identidade. Teatro de inmersión con cinco pases de quince minutos e un número máximo de sete persoas por pase. 

 

Narón. EDIPO. Pazo da Cultura. Sexta feira.

 

Espectáculo teatral a cargo da compañía portuguesa Chapitó, unha traxedia de Shakespeare (in)adaptada por tres intérpretes.

 

Pontevedra. FESTIVAL DE CORAIS. Sábado. 20 h

 

O Festival de Corais está organizado pola Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra. A entrada será de balde até completar cabida.

 

Folgoso do Courel. FESTA DA CASTAÑA. Varios espazos. Sábado

 

Festa de exaltación da castaña, con castañas asadas e produtos derivados. Haberá actuacións musicais de banda e gaitas, exposicións de artesanía. 

 

San Sadurniño. ESTADO DE GRAZA. Casa da Cultura. Domingo. 17.30 h

Teatro do Noroeste presenta a historia de catro mulleres que loitan por estabelecer o seu lugar no mundo nun momento histórico complicado como foi o tardo franquismo.

 

A Coruña. XIX CICLO CONCERTOS DE OUTONO. Museo de Belas Artes. Domingo. 12.30 h

Música clásica nas mañás dos domingos do outono no Museo de Belas Artes, desta volta co violonchelo de Gaspar Cassadó, e entrada libre até completar aforo.

 

Santiago de Compostela. 12 DOCES DE OUTONO. Diferentes espazos. Domingo. De 12.30 a 18 h

Unha proposta alternativa que une as representacións escénicas coa tradición gastronómica propia do outono, destinado ao público familiar. O programa desenvolverase os domingos de novembro (5, 12, 19 e 26), con tres espectáculos por xornada, e con degustación gastronómica ao remate de cada sesión. 

 

Pontevedra. "NA BEIRA DO RÍO. DIÁLOGOS NA PINTURA". Pazo da Cultua. Até 12 de novembro.

 

A exposición érguese como un diálogo entre a obra de Jaime Falcón (Cambados, 1942) e Agustín Pousseu (Río Grande do Sul, 1958) e achéganos ás augas do Lérez. Falcón bota man das lendas e tradicións, o mar ou o Entroido, mentres que Pousseu vai alén do pictórico, achegándose ao escultórico, o arquitectónico ou ao deseño.



x