Galaxia convoca o premio Vidal Bolaño de textos teatrais para a mocidade

Galaxia convoca o premio Vidal Bolaño de textos teatrais para a mocidade
O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.  

A primeira edición do premio Roberto Vidal Bolaño de textos teatrais vén de ser convocada pola editorial Galaxia e o IES Ribeira do Louro, do Porriño. O certame, indican desde a editorial, “ten como finalidade animar á escrita de pezas teatrais para o público mozo”.
 


As obras que se envíen ao concurso debereán ser inéditas, non premiadas noutros certames e en lingua galega. “Deberán prestar especial atención á innovación dramatúrxica e ás novas linguaxes contemporáneas, e ter en conta o público á que van dirixidas”, engaden os convocantes.

 

O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (Santiago de Compostela, 1950-2002) foi unha das principais figuras do teatro galego. Autor de títulos emblemáticos como Días sen gloria (1992), Rastros (1998) ou Doentes (1998), en 2013 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras.



x