CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

Ghost: Ceremony and Devotion

Ghost: Ceremony and Devotion

Ghost será este ano unha das bandas máis agardadas no Resurrection Fest, onde dará un concerto único en exclusiva para toda a península. Como agasallo previo a súa saída en formato físico este 18 de xaneiro, xa podemos escoitar o seu novo traballo en directo, titulado Ceremony & Devotion e gravado nos Estados Unidos.


Sen publicidade nin promoción, case de sorpresa de non ser por algunha filtración da portada, viu a luz este directo dunha das bandas de doom metal  máis importantes do panorama actual. Algo que sorprenda aínda máis sabendo que a banda ten pensando editar o seu novo traballo de estudo entre marzo e abril, este xa co Papa Emeritus Zero como novo frontman.

 

A portada, no estilo místico propio de Ghost, mostra as estatuas dos tres papas nun escenario-altar onde os fans-fieis agardan a saída do seu líder. Un claro xeito de marcar o que se vai un atopar dentro deste disco, que non é outra cousa que os 15 temas máis destacados dende Opus Eponymus até Popestar, marcando así o fin dunha época e o comezo dunha nova, cos Nameless Ghouls  totalmente renovados e a expulsión do Papa Emeritus III  da banda.

 

Ghost en directo foi sempre unha banda que gaña moito coa posta en escena, tanto cos decorados, como coa pirotecnia, os diversos vestiarios e, en definitiva, o guión desa gran obra de teatro que é cada concerto dos suecos. Por desgraza, iso é algo que non queda rexistrado, xa que é algo que só se pode vivir in situ, mais o que si temos é unha fiel mostra de como soa a banda ao vivo nunha gravación de boa calidade. 

 

Ceremony and Devotion é ese disco necesario chegado a este nivel da banda, aquel ao que os seus detractores nunca pensaron que chegaran e que seguen a mellorar con cada cerimonia que realizan ao longo do planeta. Este disco é unha mostra do que é a banda, ademais de un bo camiño para de iniciación para quen non os coñeza.  E o momento para prepararse e asistir con devoción á cerimonia da igrexa de Ghost.

 

GHOST NAS REDES

Web: http://ghost-official.com

Facebook: http://facebook.com/thebandghost

Twitter: @thebandghost

 

 

LISTAXE DE TEMAS

 

01. Square Hammer

02. From The Pinnacle To The Pit

03. Con Clavi Con Dio

04. Per Aspera Ad Inferi

05. Body And Blood

06. Devil Church

07. Cirice

08. Ghuleh/Zombie Queen

09. Year Zero

10. Spoksonat

11. He Is

12. Mummy Dust

13. Absolution

14. Ritual

15. Monstrance Clock



x