QUE FACER?

O Concerto de Reis abre en Compostela unha fin de semana con múltiples ofertas

O Concerto de Reis abre en Compostela unha fin de semana con múltiples ofertas
Público asistente a un concerto da Real Philarmonía
Público asistente a un concerto da Real Philarmonía  

Concerto de Reis 

Compostela

Auditorio de Galiza

Esta sexta feira

21.30h

Diego Masson dirixirá a Real Filharmonía de Galiza no clásico concerto de Reis, xunto os solistas Xabi Casal ao saxo e Isabel Pérez Dobarro ao piano.

 

Un rolo de papel continuo

A Coruña

Sede Afundación

Até este sábado.

Nesta exposición colaboran artistas vinculados á Facultade de Belas Artes de Pontevedra, que teñen como estímulos explícitos o reto de traballar conxuntamente e intercambiar experiencias, a curiosidade, a xenerosidade entre artistas heteroxéneos; para poñer en común conceptos e intereses en aparencia inconexos. Como un exemplo de cadáver exquisito surrealista.

 

Menú da noite

Santiago de Compostela

Auditorio de Galiza

Sábado.

21.00h

Espectáculo cómico que combina humor e ilustración, co debuxante Luís Davila e o actor Carlos Blanco, e coa música de Budiño e Kepa Junquera.

 

A Banda da Loba

Boiro

A Pousada das Ánimas

Este sábado

23.00h

Concerto presentación do seu primeiro disco, Bailando as rúas, un álbum que nace do rock, pop, folk e máis.

 

Concertos Nadalea en Pontevedra

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

12.00h/ 21.00h

De mañá abre co concerto “Os golfiños e o xigante”, coa banda de Música de Pontevedra; e de noite continúa co concerto de Nadal do Seminario Permanente de Jazz. 

 

Silencios naturais

Cambados 

Pazo de Torrado

Até o 7 de decembro 

Mostra da obra do pintor Morquecho, un artista de formación autodidacta que conta xa con máis de catro décadas de traballo, con exposicións tanto individuais como colectivas.

 

A timidez da copa das árbores

Vigo

MARCO

Até o domingo

A mostra, que parte do fenómeno botánico onde cada árbore define un límite no seu crecemento, foi o proxecto gañador do Premio MARCO para novos comisarios.  A exposición formula unha reflexión sobre a nosa sociedade contemporánea, reunindo nun mesmo espazo obras de once artistas de distintas procedencias e en diversos formatos: vídeo, instalación, fotografía, performance, proxección, que nalgúns casos funcionan como documentación e rexistro de accións realizadas ao redor deste fío condutor.

 

María do Ceo

Ribeira

Auditorio Municipal

Domingo

18.00h

Cancións para nenas e nenos, María do Ceo interpreta as cancións do seu último disco dedicado ao público infantil con fados, nanas, adiviñanzas...

 

Miradas 6

Carballo

Até o 28 de xaneiro

Exposición colectiva sobre pintura, escultura, fotografía e gravado, integrada por obras de 23 artistas diferentes vinculados a Muxía e Carballo.

 

 



x