I Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal


I Certame aRi(t)mar Galiza e Portugal

A gala de entrega dos premios aRi(t)mar da música e a poesía galego-portuguesas, organizado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, será o vindeiro 25 de outubro no Teatro Principal

aRi(t)mar é unha iniciativa que agromou na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa finalidade de dar a coñecer e difundir a música e poesía editada na Galiza e en Portugal, e tamén para achegar a cultura e a lingua dos dous países, articulándose dentro do marco da lei Paz-Andrade.

O certame, que consta de catro categorías, convida o público a seleccionar os mellores temas musicais e os mellores poemas editados na Galiza e en Portugal. Nesta primeira edición foron seleccionados como gañadores os temas “Cantiga da montaña”, de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Galiza) e “Medusa”, de Capicua (Portugal). No tocante aos poemas e poetas galardoados, foron elixidos “O Corazón”, de María do Cebreiro (Galiza), publicado en O deserto, e “Não sei, minha filha...”, de José Ricardo Nunes (Portugal), en Andar a par.

A gala, que se realizará o vindeiro 25 de outubro no Teatro Principal, será presentada polos artistas por Carlos Meixide e Isabel Risco. Para asistir deberanse retirar os billetes na propia EOI de Santiago (Vite), de segunda feira a sexta feira, de 09.00 a 20.00 horas; ou no Teatro Principal de Santiago, de terza feira a sábado, de 18.00 a 21.00 horas. A entrada é libre até completar aforo.

O evento está promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; patrocinado polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística e Concello de Santiago de Compostela e conta coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña.