HAI DÚAS OBRAS DEL TRADUCIDAS AO GALEGO

Kazuo Ishiguro gaña o Nobel de literatura

Kazuo Ishiguro gaña o Nobel de literatura
Kazuo Ishiguro na estrea do filme sobre a súa novela 'Non me deixes nunca'. Foto: cedida
Kazuo Ishiguro na estrea do filme sobre a súa novela 'Non me deixes nunca'. Foto: cedida  

O autor de Os restos do día (The remains of the day, 1989) vén de gañar o premio Nobel de literatura. Kazuo Ishiguro, que nacera en Nagasaki en 1954 pero viviu en Londres desde os seis anos, visitou Santiago de Compostela hai dez anos, despois de obter o Premio Novela Europea Casino de Santiago en 2006 por Non me deixes nunca.
 


Este Non me deixes nunca (Never let me go), en versión galega de Eva Almazán, é un dos dous libros de Ishiguro que publicou a editorial Galaxia. O outro é Nocturnos (Nocturnes, 2010), un volume de relatos coa música e o solpor como fío común, traducido por María Alonso Seisdedos.

 

A nai de Ishiguro era unha adolescente en Nagasaki cando os Estados Unidos guindaron a bomba atómica. "Pero cando pensaba na guerra, non era a bomba atómica o que máis a asustaba", lembraba o escritor nunha entrevista na Paris Review, "senón un bombardeo que viviu no refuxio antiaéreo da fábrica en que traballaba". A posguerra xaponesa é contexto habitual das súas obras.

 

Os restos do día e Non me deixes nunca coñeceron versión cinematográfica, dirixidas por James Ivory e por Mark Romanek en 1993 e 2010.

 

Nota: Nun primeiro momento afirmábase na información que o Premio Novela Europea Casino de Santiago xa non existía, o quen non é certo. De aí a corrección. 



x