LITERATURA

Entre libros e crianzas: propostas literarias

Entre libros e crianzas: propostas literarias

Eis un popurrí de lecturas recomendadas por diferentes persoas que se manteñen vinculadas ao mundo da Literatura Infantil e Xuvenil. Conversamos con María Couceiro, libreira na Libraría Couceiro en Compostela; Verónica Pousada, investigadora en Literatura Infantil e Xuvenil galega; e Laura Amigo, especialista en Psicoloxía Infantil. Deixamos un extracto da información publicada no Sermos Galiza 270.


Achegámosvos unha selección plural confeccionada segundo o criterio destas diferentes persoas que están vinculadas, dunha ou doutra forma, á Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) en galego. Outubro foi un mes especialmente frutífero para a LIX galega, que volveu ser distinguida tanto a nivel estatal como internacional: Antonio G. Teijeiro foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil 2017 con Poemar o mar (Xerais); e dous libros galegos foron incluídos entre os mellores do mundo na lista 'The White Ravens 2017': Ollos, de Xulio Gutiérrez e con ilustracións de Nicolás Fernández (Faktoría K de Libros); e Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas e ilustrado por Mónica Armiño (Anaya). E por que os recomendamos? Porque acreditamos que é necesario partillar aqueles títulos que nos deixaron historias divertidas, arrebatadoras, curiosas, entrañábeis ou até choromiqueiras...1

 

Uns libros que dan entrada ao saber e outros que se funden nel. Uns que xa coñecíamos e outros que acaban de chegar aos andeis das nosas librarías. E a quen llos recomendamos? A todas as persoas, pequenas e grandes, porque nunca é cedo nin tarde para apañar estas lecturas. Con certeza ficaron fóra títulos máis que interesantes, mais esperamos igualmente que estes que aquí se propoñen funcionen como porta aberta a novas ideas.

 

[Podes ler a información completa no Sermos Galiza 270, disponíbel na nosa loxa e nos quiosques habituais]