María Reimóndez gaña o Johán Carballeira de Poesía con 'Galicia en Bus’

María Reimóndez gaña o Johán Carballeira de Poesía con 'Galicia en Bus’

O xurado destaca que o poemario “recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero”.


María Reimóndez é a gañadora do XX Premio de Poesía Johán Carballeira que concede o Concello de Bueu. O xurado, composto por Pura Tejelo, Ramón Nicolás e Antía Otero e como secretario estivo o coordinador cultural do Concello de Bueu, Xabier Framil; escolleu 'Galicia en Bus' entre o medio cento dos presentados a concurso. Destaca que ‘Galicia en Bus’ “recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero, articulando un percorrido territorial que se estende desde o íntimo ata o cartográfico".

O premio está dotado con 1.500 euros. Hai uns días dérase a coñecer o galardón da modalidade de xornalismo, que por primeira vez foi compartido: Montse Dopico e María Obelleiro, directora do semanario Sermos Galiza.

María Reimóndez é tradutora e intérprete. Gañou xa diversos premios, como o Xerais 2014 coa novela ‘Desde o conflicto’ ou o Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio de 2013, por Feminismos, escrito con Olga Castro.



x