A CUARTA MULLER EN 55 EDICIÓNS DO DLG

María Victoria Moreno, a autora eleita pola RAG para o Día das Letras 2018

María Victoria Moreno, a autora eleita pola RAG para o Día das Letras 2018
María Victoria Moreno
María Victoria Moreno  

Tal e como adiantou en primicía Sermos Galiza, María Victoria Moreno é a escritora eleita pola Real Academia Galega para celebrar o Día das Letras Galegas 2018. Así o acordou este sábado o pleno da institución, nunha reunión que se prolongou por espazo de tres horas e media. É a cuarta muller distinguida con este honor -o maior ao que pode aspirar unha autora ou autor da literatura galega- en 55 edicións do DLG. As tres anteriores foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987) e María Mariño (2007).


Eran cinco as candidaturas que se submetían a valoración do plenario da institución da rúa Tabernas. Alén de María Victoria Moreno, as propostas para seren distinguidas como Día das Letras Galegas 2018 eran as de Ricardo Carvalho Calero -filólogo e escritor, partidario da opción reintegracionista-, o poeta Eusebio Baleirón, o historiador Antón Fraguas e o xornalista, escritor e tradutor Plácido Castro. 

 

A candidatura de María Victoria Moreno foi proposta pola executiva entrante -liderada polo presidente da RAG, Víctor Freixanes- após un pacto coa dirección anterior da institución, a que encabezaba Alonso Montero.

 

A opción alternativa no sector que non apoiou o nomeamento de Freixanes, basicamente o que se identifica con Ferrín, era a de Carvalho Calero, eterno aspirante a esta distinción e postergado até o de agora pola súa clara aposta pola converxencia ortográfica do galego co portugués.

 

 

 

candi

 

 

 

 

 

 

 

María Victoria Moreno Márquez (1941, Valencia de Alcántara-Cáceres - 2005, Pontevedra) foi unha mestra e escritora que chegou a Galiza en 1963, onde ficou para sempre e se integrou na súa  cultura. A súa maior produción literaria foi no terreo da literatura infantil e xuvenil, onde foi unha pioneira, aínda que tamén ten publicado ensaio, poesía, tradución e narrativa para adultos. Ademais, colaborou en libros de texto e dirixiu a colección Árbore da editorial Galaxia. A Sega xa lle dedicou o seu II Día das Galegas nas Letras.
 

Marina Mayoral, académica de honor

O pleno da RAG acordou tamén o nomeamento da escritora Marina Mayoral como académica de honor, ben como designou como académicas e académicos correspondentes Takekazu Asaka, Marcos Bagno, Olga Castro, Helena González, Kirsty Hooper, Helena Villar Janeiro e Helena Zernova.



x