QUE FACER?

Moito teatro: festivais e a última peza de Cándido Pazó


Moito teatro: festivais e a última peza de Cándido Pazó

Chega o outono e con el agroman os festivais de teatro, tanto profesional como amateur: o FIOT de Carballo, o Entreculturas de Verín ou o FITO de Ourense. Como prato forte para esta fin de semana destacamos a estrea absoluta de O Tolleito de Inishman, a nova peza teatral de Cándido Pazó.

Sexta feira

Entreculturas

Verín 

Auditorio Municipal

20.00h

O festival aposta, unha vez máis, no teatro amateur de compañías galegas cunha programación que se prolonga até o mes de novembro.

Festival da Liberdade 

Cangas do Morrazo

Até o 15.10.2016

Faladoiros, proxeccións, arte na rúa, actividades e música con bandas como Dakidarria, Superoito, Rebeliom do Inframundo, entre outras. 

Sábado

O Grelo Folc

Monfero

Mosteiro de Monfero

12.00h

O Sonoro Maxín, No Cómbaro, O Puto Coro do Exército Froilanista e Muebles Mendoza son algunhas das propostas musicais que acolle o festival, iniciativa que realiza a Asociación Cultural O Abordelo. Tamén contarán con A Nabiciña, unha alternativa para as crianzas con xogos e actividades, desde as 16h na Ludoteca de Xandobela e ás 18h con música infantil. 

tolheito

FIOT

Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

21.00h

Estrea absoluta do clásico O Tolleito de Inishman, versión moderna adaptada e dirixida por Cándido Pazó e interpretada por Susana Dans.

Literatura e turismo

A Coruña

12.00-13.30

Unha proposta alternativa para coñecer A Coruña da man das autoras que escribiron obras ambientadas na cidade, agora con Lucía Aldao.

Domingo

Focus GalicianTunes

Santiago de  Compostela

Sala Capitol

22.00h

Escaparate internacional para mostrar e difundir a música galega no exterior, con actuacións de Susana Seivane, Lelilía e Os d´Abaixo. 

Menú da Noite 

Ortigueira

Teatro da Beneficencia 

20.30h

Un espectáculo de Carlos Blanco e Luis Davila onde non faltará caldo, sachos tuneados, números de claqué, debuxos en directo e humor. 

Terza Feira

Fito Ourense

Ourense

Capela Campus Universitario 

20.30h

Berberecheira interpreta Goldi Libre, peza de teatro sobre o movemento de insubmisión que acabou co servizo militar obrigatorio en España.

Exposición 

Pontevedra 

Pazo da Cultura 

Até 20.11.2016 

11.00- 21.00h

Na beira do río. Diálogos dende a Pintura  é unha exposición pictórica que recolle o traballo das artistas plásticas Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) e Yolanda Dorda (Barcelona, 1974). A modo de diálogo, a mostra presenta unha marcada referencia á muller e ao seu papel na sociedade, mediante temáticas como a soidade, a violencia, os medos ou a inseguridade.