O Museo do Pobo para crianzas, con Pepe Carreiro

O Museo do Pobo para crianzas, con Pepe Carreiro
Pepe Carreiro
Pepe Carreiro  

O debuxante Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, ofrecerá esta sexta feira unha palestra para nenos e nenas no Museo do Pobo. 


No 2017 o Museo do Pobo Galego vai cumprir 40 anos. Con este motivo botouse a andar un novo programa que chaman “Teño unha peza” seguindo a actual campaña de promoción “Teño un Museo”, que pode verse a través dunha pantalla na entrada do Museo e noutros lugares de cidade. 

Neste mes de febreiro haberá unha charla especial para rapaces e rapazas de primaria. Será o 17 de febreiro ás 11 horas, da man de Pepe Carreiro, que falará dunha das pezas do museo. E a semana vindeira semana será a quenda de Ses, o 21 ás 19 horas. 

Os vindeiros protagonistas desta actividade serán Encarna Otero en marzo; Jorge Mira en abril; Tareixa Navaza en maio; Vero Boquete en xuño; Roberto Leal en xullo; Rubén Aramburu en setembro; Lidia Senra en Outubro; Elena Ferro en novembro; e rematará a artista Luz Darriba en decembro. 



x