SERMOS 263

"Non hai nada no mundo que venda como o cinema"

"Non hai nada no mundo que venda como o cinema"
Chelo Loureiro
Chelo Loureiro  

Falamos con Chelo Loureiro, produtora ferrolá de cinema e gañadora dun Goya. É a entrevista Fóra de Serie do Sermos263. Eis un extracto da conversa.


Vai xa para década e media que Chelo Loureiro (Ferrol, 1958) trocou a xerencia dun xornal polo cinema. Nese tempo, os traballos nos que ten participado desde a súa posición de produtora foron nomeados, até en seis ocasións, para os Premios Goya na categoría de animación, o seu xénero de referencia. Foi na sexta ocasión que conseguiu o galardón e fíxoo con Decorado, un filme galego como a empresa que preside, Abano Producións, e dirixido polo coruñés Alberto Vázquez. Ten sona de boa xestora, e debe de ser así cando as empresas en que traballou viviron con ela os seus mellores momentos.

 

-Que sente ao ter acadado o premio após seis nominacións?

SG263_MINI_28-29-Os premios, para os equipos e para tanta xente que traballa neles, son fantásticos, mais eu considero que son unha lotaría. Neles inflúen moitísimos factores. Eu, que estiven nomeada seis veces aos Goya, sei perfectamente que unhas veces gañaron películas mellores que as nosas e noutras ocasións non o eran para nada, pero os que votan son académicos que teñen os seus afectos, os seus gustos... Si que é certo que cando che toca, polo equipo principalmente, a ledicia é inmensa e o Goya xa é un premio moi importante –hai uns anos non o era tanto– que axuda a abrirche máis portas.

 

 

-Como xorde a posibilidade de traballar no mundo do cinema?

 

-Eu sempre digo que na miña vida todo foi por casualidade, nada foi premeditado. A min, que son un cu inquedo, apaixonada e tremendamente curiosa, interésame moito o mundo das artes en xeral e, así, fun chegando dun lado a outro, mais sempre por casualidade. Na etapa de Sargadelos traballei arreo, organicei moitísimas actividades culturais, máis dun milleiro de exposicións, concertos... Era moi consciente do talento que hai na Galiza e o mundo da animación reúne un pouco esas tres artes –a literatura, a pintura e a música– e é un tipo de expresión artística que me gustou sempre. Logo deuse a circunstancia, a través da escritora Ánxela Loureiro, que estaba a escribir un guión para un filme de animación para
unha produtora que tiña algún problema na parte de xestión, que é a que me toca facer. Ánxela abriume a porta, e de aí pasei a Continental e logo fundei a miña propia produtora, Abano, hai xa dez anos.

 

[A íntegra desta entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos Galiza 263, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

 



x