Poesía, danza, música e creación escénica para recrear Juana de Ibarbourou en Rianxo

Poesía, danza, música e creación escénica para recrear Juana de Ibarbourou en Rianxo

Un novidoso proxecto no que se fusionan poesía, danza, música e teatro recala en Rianxo esta fin de semana para (re)interpretar a obra da gran poetisa uruguaia.


Juana de Ibarbourou é una das grandes voces da poesía en América Latina. Mesmo case 40 anos após a súa morte (un 15 de xullo en Montevideo) a obra desta escritora de raíces galegas (o pai era de Mondoñedo) continúa a emocionar e interpelar. E faino tamén en Galiza, con Juana de Ibarbourou_DOCENCIA, premio “Luisa Villalta” de Proxectos Culturais pola Igualdade. Deputación da Coruña. un proxecto dirixido por Marina Oural e producido desde aCentral Folque. A poesía, a danza, a música e a creación escénica son os alicerces da proposta, que se concreta nunha serie de obradoiros que esta fin de semana recalan en Rianxo e que tamén se desnvolverán noutras tres vilas (Oleiros, Ortigueira e Vimianzo).

 

Juana de Ibarbourou_DOCENCIA é un proxecto artístico-educativo aberto á participación de calquera persoa interesada na experimentación con poesía, danza, música e creación escénica fundamentado na escritora uruguaia.

 

Como explican desde O Folque, esta proposta é “unha xanela á participación e experimentación artística”. Son catro obradoiros abertos para aprender e vivenciar “como e desde onde as escritoras crean”. “Un dos bastións fundamentais deste proxecto de arte e educación sitúase no ecofeminismo: alén do propio corpo, unha das principais ferramentas escénicas coas que se traballa nos obradoiros son as fabas de Lourenzá (localidade de orixe da familia de Juana de Ibarbourou e lugar de nacemento da directora do proxecto, Marina Oural)”.

 



x