QUE FACER?

A poesía toma Vigo durante toda a fin de semana na segunda edición de Poemaria

A poesía toma Vigo durante toda a fin de semana na segunda edición de Poemaria
O cartaz da presente edición de PoemaRia
O cartaz da presente edición de PoemaRia  

 

  • Sexta feira

 

Luscofusco

Carballo

Pazo da Cultura

20.30h

Inauguración da exposición colectiva composta por artistas de diferentes zonas, mais vinculados a Bergantiños para dar a coñecer a súa obra. 

 

Os amigos dos músicos ao vivo

A Coruña

Sala Mardi Gras

Os amigos dos músicos presentan ao vivo os temas do seu álbum de debut con aires folk, dentro do ciclo 'Noites de vermú Petroni'. 

 

  • Sexta feira e sábado

 

Festival InteRitmos

Porto do Son

Praza de España

Música tradicional e máis estilos cos concertos de Bala, Say My Name, Suevia, Anduriña, Axouxeres de Miñortos, Jules & The Wolf e Chorimas de Queiruga. 

 

  • Sábado

 

Aventura Acuática

San Sadurniño 

Praia de Ares

16.00-18.30h

Unha xornada de aventura onde as persoas participantes poderán iniciarse nos deportes acuáticos, como o kaiak de mar, o windsurf e o padelsurf

 

Medomedá, novo disco

Teo

Carballeira de Cornide

21.30h

Concerto presentación do novo disco de Medomedá, ‘Empeorando pa mellor’, arroupados coas actuacións musicais da Banda da Balbina e Carne de Pescozo

 

Sonrock 

Ribadeo 

Parque San Francisco

22.30h

Con Machina e Ánima, dous grupos que se moven entre o metal, hardcore, punk e outras tendencias. 

 

  • Domingo

 

Os fabulosos Cleaners

Meaño

Casa da Cultura. Dena

19.00h

Malasombra Producións presenta a obra ‘Os fabulosos Cleaners’, destinada ao público miúdo, un espectáculo visual con burbullas de xabón. 

 

 

  • Toda a finde

 

Poemaria 

Vigo

Varios espazos

10.45-23.45h

Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Antía Otero, Paul Casey, Natham Mann e outras moitas poetas nacionais e internacionais chegadas do Estado español, Portugal, Irlanda, Reino Unido e Eslovenia serán as encargadas de darlle voz á poesía. E farano en espazos como o MARCO, a Praza do Abanico, a Estación Marítima, o Sifon Vigo e o Centro Cultural do Instituto Camões.

 

Maruja Mallo. Vinte almas

Lugo

Museo Provincial

Até o 3 de setembro de 2017.

A exposición amosa unha selección de obras de Maruja Mallo, ao tempo que se estabelece un diálogo entre o seu traballo e o doutros coetános, tales como Alberto Sánchez, Benjamin Palencia, Pablo Picasso ou Joan Miró. A mostra complétase cun amplo apartado documental sobre a pintora e con pezas de artistas contemporáneas e contemporáneos tamén orixinarios de Viveiro.

 



x