ENTREVISTA A ISMAEL RAMOS/SERMOS279

“O poeta é sempre malinterpretado porque non se interpreta ben nin a si mesmo”

“O poeta é sempre malinterpretado porque non se interpreta ben nin a si mesmo”
O poeta Ismael Ramos
O poeta Ismael Ramos  Foto: Claudia Luca

Lumes (Apiario, 2017) é un libro sobre como se forxa o suxeito. Sobre o que hai debaixo da superficie morna da familia. Sobre tenrura e decepcións. Sobre poemas atopados ao bordo dun encoro. Sobre a política dos afectos. Sobre a clase social dos paxaros e “o lugar máis pobre da terra”. “Todos estamos aquí para ser ridículos. Para algunha vez perdoar e ser perdoados”, escribe Ismael Ramos (A Picota, Mazaricos, 1994) no poema Primeira menstruación de María.


Nesta, a súa segunda obra -loada por crítica e lectoras-, o poeta procura identificar “eses pequeniños fíos” en que se vai desfacendo o individuo a cada hora.

 

-Por que a familia, unha preocupación central en Lumes ou en Os fillos da fame (Xerais, 2014)?

 

-É a institución na que primeiro socializamos, na que nos aprenden a estar en sociedade, na que se forxa o carácter, o cidadán. O cidadán non como cidadán do Estado, senón como membro dunha comunidade. Amais, a familia toca con moitos espazos diferentes: o dos afectos, o do político, mesmo co transcendental ou relixioso. Esas ensinanzas chegan da familia. Queira escribir sobre o que queira escribir, sempre bato coa familia.

 

1

 -A familia é tamén fundamental para entender como se relaciona o individual co colectivo, outro elemento nuclear do teu traballo.

 

 -É unha relación moi violenta. Esa relación entre o grupo e o individuo sempre vai estar tensionada entre o que o grupo lle aprende ao individuo, o que o individuo aprenda e o que o individuo desenvolva pola súa conta. É un constante querer encaixar e non ser quen. Sempre é difícil a relación dos individuos co todo. Algo que repito a propósito de Lumes
é que os vínculos sempre son construídos, tamén os familiares.

 

-Lumes non agocha as relacións de dominación que existen nunha institución a priori amábel, acolledora, como a familia.

 

-En toda relación de afecto hai violencia. No círculo máis pechado da familia, ese primeiro lugar de socialización, que se entende bo, protector, aínda máis. Romper con esa idea é algo que ben sucede dunha maneira moi potente por todos os lados, ben vai rompendo por lugares máis pequeniños. Comoafíos.Aminoquemáisme interesa é fixarme neses fíos, os que rompemos todos os días, cada vez que pensamos con autonomía. Se un pensa unha cousa, deixa de pensar outra. O pensamento, nese sentido, é excluínte. Hai que tomar posición.

 

-É por iso que insistes en que a túa poesía é política?

 

-A miña poesía é política en tanto que teño conciencia de clase e estou falando dun estrato social determinado.

 

-Pero chama a atención que fagas esa declaración explícita.

 

-Fágoa precisamente para non ser malinterpretado, un medo que sempre ten un autor, unha paranoia do autor.

 

-E ao mesmo tempo élle inevitábel ser malinterpretado. 

 

-Efectivamente. Non por nada, senón porque un non se interpreta ben nin a si mesmo. Entón é moi difícil.ç

 

[A íntegra da entrevista, unha dupla páxina, aparece no Sermos279, disponíbel na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]



x