QUE FACER?

Debuxos, música, baile, teatro e fotografía completan a oferta de lecer esta fin de semana

Debuxos, música, baile, teatro e fotografía completan a oferta de lecer esta fin de semana
Un momento do espectáculo "O neno imperdible", de Peter Punk
Un momento do espectáculo "O neno imperdible", de Peter Punk  Foto: Peter Punk

Obradoiro de debuxo + contos 

Pontevedra

Biblioteca Pública 

Sexta feira

20h

"Aquí viviu o veciño Valle-Inclán”, unha sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.

 

Contacontos.

Outeiro de Rei

Sábado

Casa-Museo Manuel María.

 

Celso F. Sanmartín, un dos mellores narradores de contos e de historias do país, despregará un repertorio ligado á tradición oral galega e tamén europea, a partir da cultura agrícola-gandeira e pedestre. Mais tamén cunha visión contemporánea, a mostrar que esas historias están vivas e non son pezas de museo.

 

Festival benéfico contra o lume

Soutomaior 

Casa do Pobo O Coello, Lourido

Sexta feira

18h

Coas actuacións musicais de Antón Ké, Chotokoeu, Fanfarria Taquikardia, Güintervan, As Punkieteiras, e a compañía de monicreques Alakrán.

 

VI Festa da Chanfaina de Bardaos

San Sadurniño

Local social de Bardaos 

Sábado.

11h

Festa degustación de chanfaina, un prato saboroso e contundente que é típico nas parroquias de Igrexafeita e Bardaos.

 

Peter Punk e o neno imperdible

Teatro do Andamio

A Coruña

Sábado.

18h

Espectáculo infantil de clown, instrumentos interpretados ao vivo e unha orixinal escenografía. 

 

Baila Roque, baila!

Ferrol

Centro Torrente Ballester

Sábado.

12h

Apego organiza Baila Roque, baila!, un espectáculo de teatro, contos e baile dinámico, divertido e participativo.

 

II Concurso de Fotografía Ilustre Amarantino

Allariz

Fundación Vicente Risco

Desde o sábado até o 31 de decembro.

Esta segunda edición do concurso de fotografía “Ilustre amarantino” ten como tema central Eduardo Teixeira Pinto, un dos grandes nomes da fotografía portuguesa.

 

A intimidade da imaxe

Compostela

Colexio de Fonseca

Até o 10 de decembro.

A exposición recolle unha serie de fotografías que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para mostrar unha Galiza diferente á do discurso habitual. Asentada en Compostela, Anna Turbau retratou os movementos populares que emerxían con forza en Galiza e a vida na comunidade. A exposición está organizada polo Consello da Cultura Galega e comisariada por Margarita Ledo Andión. 

 

O viño na adega

Ribadavia 

Museo Etnolóxico 

Até o 31 de decembfro.

O viño na adega. Vellos traballos. De San Miguel a San Martiño é unha exposición que se centra no mundo da viticultura. Nela achégase cun enfoque especial ás pezas relacionadas co cultivo e a produción de viño na comarca do Ribeiro, con utensilios que por primeira vez se expoñen ao público para mostrar as formas antigas de vinificación na comarca. 



x