UN TRHILLER PSICOLÓXICO

Redrum Teatro estrea “A canción do Elefante”

Redrum Teatro estrea “A canción do Elefante”
Escea de "A canción do elefante"
Escea de "A canción do elefante"  

A compañía Redrum Teatro ultima os detalles para próxima estrea de A canción do Elefante, que se estreará o día 6 de setembro no Festival Galego de Teatro do Carballiño. Este novo espectáculo dirixido por Alex Sampayo chegará á Compostela os días 13, 14, 15 e 16 de setembro.


A canción do Elefante é un thriller psicolóxico que se basea no texto do canadiense Nicolas Billon baseado nun xogo dialéctico no que se van sucedendo acontecementos que non deixan de sorprender o espectador até o desenlace.

 

O espectáculo a cargo de Redrum Teatro será a primeira representación desta obra de éxito mundial no Estado español. Estará protagonizado polos actores Ernesto Chao e Guillermo Carbajo e pola actriz Patricia Vázquez.

 

Trátase da oitava produción da compañía teatral compostelá, fundada en 2009, e que xa levou ao escenario obras como A Pensión ou Currículum Vitae. Álex Sampayo, coñecido pola dirección de series coma  El Internado ou Padre Casares, será o encargado de dirixir a produción.

 

A canción do Elefante mostrarase o próximo 6 de setembro dentro do marco do Festival Galego de Teatro do Carballiño (FETEGA). En Santiago de Compostela representarase os días 13, 14, 15 e 16 de setembro no Teatro Principal. 

 

 



x