A reggae band Auxili presenta en Galiza ‘Tresors’, o seu terceiro traballo

A reggae band Auxili presenta en Galiza ‘Tresors’, o seu terceiro traballo

O grupo de Ontinyent toca esta sexta feira, día 13, na Malatesta (Santiago DC)


Auxili desembarca en Galiza esta sexta feira, día 13, para presentar ‘Tresors’, o terceiro traballo desta banda de Ontinyent. Un disco que están a presentar ao vivo nunha xira de concertos que, entre outros, lévaos por Galiza, Euskal Herria, Castela ou Catalunya.

 

Este é o seu disco máis explícito e comprometido da reggae band valenciá. Un octeto que desde o seu nacemento foi a máis, pivotando sobre un tronco de reggae do que sobresaen ponlas de ragga, rap, ska... Tamén é este disco o seu traballo máis completo, cunha produción moi perfilada, una rotunda base rítmica e arranxos de ventos e melodías vocais con ensamblaxe perfecta. Versatilidade nos temas, que saben combinar desde o reggae rotundo de  “Pàgines negres”, “Fora dels murs” ou “El front” a producións de testuras xamaicanas máis avanzadas como “T’escric” (un dancehall a medio tempo e cadencia pop) ou “Com Camot” pasando por tempos acelerados (“No m’esperes” anda no ska) e ritmes fusionados, funk ou incursións acústicas.

 

Actúan esta sexta feira, na sala Malatesta de Compostela, a partir das 21:30 horas. Unha oportunidade de luxo de ver Auxili no seu mellor ambiente, ao vivo, sobre o escenario. 

 

 



x