Este sábado comeza en Compostela a XXII edición de Galicreques

Este sábado comeza en Compostela a XXII edición de Galicreques
Unha imaxe da edición de 2015
Unha imaxe da edición de 2015  

Pontevedra. ROTEIROS. Praza da Ferraría. Sábado. 11 h. Roteiros 

 

"Mulleres do gris ao violeta", coordinado por María Xesús López Escudeiro, é un dos Roteiros temáticos de outono, cun percorrido pola historia da cidade do Lérez da man das vidas das súas mulleres. Vaise centrar no protagonismo de diferentes mulleres, tanto co perfil de artistas, escritoras, como das clases traballadoras ou do comercio, así como das que foron represaliadas.

 

Santiago de Compostela. GALICREQUES 2007. Santiago de Compostela. Até o 22 de outubro.

 

Compostela acolle o festival internacional de monicreques que decorrerá entre o 14 e o 22 de outubro. O festival bota a andar a súa XXII edición cun programa que inclúe máis de vinte espectáculos da man de compañías nacionais, españolas e internacionais que chegan desde a Arxentina, o Brasil ou Francia. Contarán con estreas como Circo Galaico de Títeres Alakrán ou a premiada Os golfiños e o xigante de Fantoches Baj.

 

Ourense. FITO. Teatro Principal. Esta sexta feira. 20.30 h

 

Contraproducións presenta no Festival Internacional de Teatro de Ourense a súa peza Nacidas Libres, con texto de Cándido Pazó e dirección de Cristina Domínguez. 

 

Carballo. RESACA. Auditorio do Pazo da Cultura. Sábado. 20.30 h

 

ilMaquinario Teatro trae a historia dunha ausencia, a de Álex. A través das conversas, pensamentos, cadernos, fotos, casetes e obxectos reconstrúen a súa lembranza.

 

Vigo. XORNADAS SOLIDARIAS. Vigo. Varios espazos. Sábado e domingo.

 

Cunha programación que reúne palestras, concertos, teatro e xantares nestas xornadas solidarias en apoio ao CSOA Escárnio e Maldizer.

 

Ferrol. O AVÓ TEO. Capela Torrente Ballester. Domingo. 12 h.

 

Continúa o ciclo Festea 2017, o teatro de obxectos, con Xarop Teatre e unha historia protagonizada polo avó Teo e a súa neta.

 

Lugo. EXPOSICIÓN ESCOLMA. Museu Provincial. Até o domingo.

 

Unha exposición que resgata as obras más representativas de Randolfe Vilariño, nas cales se mostra o interese que ten pola cultura e a figura feminina.

 

Allariz. O PORCO DE PÉ. Fundación Vicente Risco. Até 26 de novembro

 

A exposición de Xabier Varela propón retratos inspirados na xa clásica novela de Vicente Risco, O porco de pé. 



x