Santiago Lopo gaña o Premio García Barros

Santiago Lopo gaña o Premio García Barros

A novela Hora Zulú de Santiago Lopo resultou gañadora da XXIV edición do Premio Manuel García Barros que concede o Concello da Estrada.

 

 

 


A variedade de rexistros literarios, ademais da tensión que amarra ao leitor foron algúns dos valores que o xurado destacou da novela de Santiago Lopo, unha obra que, segundo indicaron conta “unha historia de actualidade científica que cuestiona as fronteiras espazotemporais e reivindica valores ecoloxistas”. Hora Zulu será a terceira novela que se fai pública de Santiago Lopo despois de gañar con Game Over o Premio de Novela por Entregas de La Voz e publicar en 2009 Peaxes, a súa segunda novela. A nova obra, como todas as gañadoras do García Barros sairá publicada en Galaxia.

Profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, comezou traducindo guións cinematográficos para a televisón. Xunto Xavier Queipo traduciu dúas obras do escritor francés Hervé Guibert e é colaborador da revista Unión Libre de Lugo.

Santiago Lopo (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión, e en 1998 cotraduciu ao galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert (Citomegalovirus e O meu criado e mais eu).

 



x