A Semana de Filosofía versará sobre a saúde

A Semana de Filosofía versará sobre a saúde
Imaxe da Semana de Filosofía de 2016, con Laura Mintegi
Imaxe da Semana de Filosofía de 2016, con Laura Mintegi  

A XXXIV Semana Galega de Filosofía porá sobre a mesa a problemática silenciada existente nos ámbitos da saúde psicolóxica, biolóxica e social. Profesionais da saúde, catedráticos, filósofos e xornaliastas impartirán os 15 relatorios que terán lugar entre o 17 e o 21 de abril no Teatro Principal de Pontevedra. 


A Aula Castelao de Filosofía presentou esta mañá, sexta feira, o cartel e a programación completa da que será a XXXIV edición da Semana Galega de Filosofía, ‘Filosofía e Saúde’. Ana Regueira, da Aula Castelao, explicou a escolla da temática porque “chegamos a un momento no que o problema da sociedade occidental xa non se pode restrinxir a un só ámbito senón que é un problema de saúde en todas as ordes: saúde psicolóxica, saúde biolóxica e saúde social. Dentro dos 3 sentimentos morais dos que falan alguna escolas de filosofía – irritación, indignación e vergoña. Escollemos a temática da saúde porque cremos que as cousas xa chegaron a un nivel de vergoña".

semanafiloE continuou: "Partimos da idea de que a día de hoxe o verdadeiro poder consiste en lograr que non se fale do que non interesa ao que ten o poder. Estanse a silenciar problemas como a privatización da sanidade, a psiquiatrización dos problemas sociais, e que creemos que é importante falar deles e empezar a facelo en termos de necesidade de recuperación da saúde en xeral”. 

Entre os relatores e relatoras que poderemos escoitar, entre outros, están José Luis Pardo, catedrático da Complutense; Wolfgang Fritz Haug da Universidade Libre de Berlín ou Frigga Haug da Universidade de Hamburgo, socióloga e filósofa alemana que abordará o tema a partir da súa propia experiencia como paciente de cancro de mama. Desde a perspectiva dunha supervivinte, falará tamén da situación das mulleres, das súas alienacións de  xénero e as desigualdades con relación ao home nestes casos.

O prazo de matrícula, de balde, está aberto até o 16 de abril. 



x