NO SERMOS 255

Xa na rúa un A Fondo con todo sobre Miro Casabella

Xa na rúa un A Fondo con todo sobre Miro Casabella
Miro Casabella
Miro Casabella  

Sermos Galiza lanza un A Fondo sobre Miro Casabella con motivo do festival que se vai realizar en homenaxe ao cantautor e que está axendado para o 29 de xullo en Cambre. O A Fondo Xa está na rúa, nos pontos de venda habituais, como suplemento do Sermos255, disponíbel tamén na nosa loxa.


1Este suplemento monográfico debrúzase sobre a figura de Casabella, central na historia moderna da canción galega, e contén valiosos contributos de persoas achegadas ao cantautor e tamén achegas de especialistas na música popular da Galiza.

 

Para a confección deste A Fondo, Sermos contou coa colaboración de Xosé Casabella, o maior dos irmáns do artista, e Xan Frade, quen se encarregou da contextualización histórica en que Miro produciu o seu cancioneiro. Neste A Fondo escribe tamén Lois Diéguez e faino sobre a relación entre a música de Casabella e os poetas galegos.

 

Este A Fondo monográfico contén tamén unha entrevista de Rocío Castro ao propio Miro Casabella. E como encerramento do suplemento, un artigo de Dani Carballada, concelleiro de cultura de Cambre, convidando a participar neste festival que se realizará o día 29 de xullo no concello, un evento en que Casabella estará acompañado de todo un clásico da canción peninsular, o valenciano Paco Ibáñez.

 



x