#sermos229: os excesos da banca coas hipotecas


#sermos229: os excesos da banca coas hipotecas

Máis un número do semanario. Analizamos estes 15 anos de euro, entrevistamos Lola Oviedo, analizamos a perda de colmeas en Galiza... todo isto e máis, xa na nosa loxa.

Centos de miles de galegos e galegas levan anos cargando con cláusulas abusivas nos seus préstamos hipotecarios, pagando máis en cada cota sen sabelo ou asumindo gastos que no lles corresponden. Nas últimas semanas abríronse novas frontes xudiciais contra estas prácticas das entidades bancarias, que supuxeron na maioría dos casos un importante prexuízo económico. Contámoscho en ‘Os novos abusos hipotecarios da banca’.

‘A pegada da avespa velutina nas colmeas do país’. A Asociación Galega de Apicultura calcula unhas perdas económicas de 4 millóns anuais para o sector. Entre un 30 e un 40% de colmeas afectadas. Estes son os dados que manexa o sector da apicultura, que ve, con preocupación, a desaparición da abella debido ao asentamento da avespa velutina na Galiza. O problema vai alén do económico, é xa medio ambiental.

SG229Fanse corenta anos da inauguración das primeiras salas do Museo do Pobo Galego, que foi creado en 1976. No antigo convento de San Domingos de Bonaval, cedido polo Concello de Santiago, podemos atopar pezas que representan a tradición e son esencia da sociedade galega. ‘A esencia de Galiza como pobo no museo’. Afiadores, zoqueiros, telleiras,cesteiras... todo canto fomos, somos e seremos, no Museo do Pobo Galego.

Voces

O BNG debe reactualizarse e pórse ao día, mais a súa vixencia é incuestionábel como o instrumento político “máis válido” para a articulación do nacionalismo na Galiza. Esa é a principal conclusión do proceso Adiante, o limiar da Asemblea Nacional de marzo. Máis de 1.800 persoas tomaron parte no debate, arredor de 600 delas non militantes. E, si, a marca BNG continúa a ser todo un referente para o pobo galego. ‘1.800 voces para relanzar o BNG’.

‘Rajoy sobrevive ao fogo amigo de Cifuentes e Aznar’. Cifuentes quer primarias reais, non un simulacro. Aznar quer outro PP, non un PP que, visto desde a súa perspectiva ultra, abeira a socialdemocracia en termos fiscais e é feblecon Catalunya.Explicámosche aquípor que a Rajoy nen Cifuentes nen Aznar lle preocupan o máis mínimo.

15 anos de euro

‘Quince anos do euro’. O euro é unha das maiores expresións do chamado proceso de construción europea, e converteuse nun dos principais instrumentos para impoñer o neoliberalismo no continente. Tres lustros despois de que substituíse as moedas estatais, repasamos as súas orixes e analizamos o seu impacto económico.

A decisão do governo de Enrique Peña Nieto para desregulamentar os preços dos combustíveis provocou um aumento desproporcional nos preços. O descontentamento popular toma as ruas com manifestações, cortes de estradas, ocupação de edifícios públicos e o saque a postos de gasolina e supermercados. “Gasolinazo” no México contra o preço dos combustíveis’.

‘Ecuador decide: continuar a “revolución cidadá” ou retorno neoliberal’. O 19 de febreiro terán lugar os comicios que designarán quen sucederá Rafael Correa na Presidencia do país. O candidato oficialista da progresista Alianza País, o ex vicepresidente Lenín Moreno, lidera as enquisas e podería resultar elixido en primeira volta.

Embora a crise, as reformas laborais, o medo ao despedimento, as coaccións e represalias, os recortes en dereitos laborais... houbo tamén ‘brotes verdes’. Exemplos de traballadores que foron quen de superar todo o que tiñan en contra e lograr avanzos nas súas demandas. Falamos disto nunha dupla reportaxe neste número. Tamén vai a segunda parte sobre a análise sobre o sector acuícola.

Fóra de Serie

Máis unha nova entrega do Fóra de Serie, con amplos e variados contidos. A selfie entrevista a Anton Tenreiro e o premio Trapeiros, visitamos o fogar dos xoguetes en Allariz, Iago Varela fálanos de máis vídeos galegos en internet, e ocolectivo Xea lévanos da man para gozar dos menceres en Arousa.

En ‘Cara unha erótica feminista’, Emma Pedreira escribe sobre ‘Corazón e demais tripas’. “Un texto erótico excita ou escandaliza? Pode unha autora reinventar a erótica ou débese ao canon imperante: falocéntrico e hipermasculinizado? Ondeestá a tripa que advirte do desexo e que mecanismo a acende? En que punto remata o erótico e comeza o porno?”.

Falamos con Lola Oviedo, pintora autodidacta. “Eu só traballo para min, se che gusta, véndocho, aínda que hai cousas que non vendería nunca mentres teña para pagar a luz. Case todo o que fago é sobre o sitio onde vivo, porque non imaxino outro mundo”.

O prolífico Casares será a estrela dun 2017 no que tamén teremos nova entrega literaria de Suso de Toro, Lupe Gómez, Pedro Feijoo, María Reimóndez ou Anxos Sumai, entre outros. Falamos disto en ‘As novidades editoriais para este 2017’.

Non faltan neste número as achegas e colaboracións. Como ’A Galiza ignorada’, de Francisco Rodríguez, ou a crítica literaria de Mario Regueira sobre ‘No seu despregar’, editada por Apiario e a crítica de cinema de Andrés Castro sobre ‘600 Millas’ (600 Miles, de). Olalla ledo fálanos de dixitalizar vídeos caseiros, Pilar García Negro sobre ‘Armas cargadas de pasado’ e Xavier Queipo pregúntase pola ‘Tolerancia?’. Xoán Costa lembra o incendio que destruíu o Teatro Principal, agora teatro Rosalía.