Susana Villamor gaña o concurso de micro-relatos de OZOCOgz

Susana Villamor gaña o concurso de micro-relatos de OZOCOgz
Imaxe creada por OZOCOgz para o relato gañador, "Superheroe"
Imaxe creada por OZOCOgz para o relato gañador, "Superheroe"  


A quinta edición do Concurso de Micro-relatos de OZOCOgz xa ten gañadoras. 


Unha vez lida a totalidade dos micro-relatos, o xurado emitiu o seu veredicto. E a gañadora do primeiro premio é Susana Villamor Prieto grazas ao relato "Un superheroe", presentado co pseudónimo Argalladas. O premio é unha camisola da marca OZOCOgz e unha estancia para dúas persoas unha noite na Aldea Rural Pazos de Arenteiro (Boborás). 

Como finalista ficou Cruz Martínez co texto "Um topo, um evadido", baixo o pseudónimo Dorinda Blake, que se fará cunha camisola e un lote de libros. 

As bases deste particular premio establecen un máximo de 140 palabras por relato, que debe estar escrito en lingua alega e tratar o tema da memoria histórica. Nesta quinta edición, formaron parte do xurado as escritoras Iolanda Zúñiga e María Solar, os escritores Alfonso Láuara e Francisco Castro, ademais da gañadora da pasada edición do concurso, Susana Gnález Lago, ademais de varios representantes de librarías de todo o país. 



x