SERÁ O 19-S

Suso de Toro porá o ramo á iniciativa de criación literaria impulsada por Numax

Suso de Toro porá o ramo á iniciativa de criación literaria impulsada por Numax
Suso de Toro.
Suso de Toro.  Foto: X.M.

O autor de Polaroid ou A Sombra Cazadora redixirá un relato ao vivo nunha máquina de escreber e co público da sala de cinema compostelá Numax presente. 


Tac Tac Tac -onomatopéico nome deste espectáculo ao vivo que evoca o golpeo das teclas dunha máquina de escreber- realizará a súa última función o 19 de setembro (20 h) e terá como protagonista precisamente o literato artífice desta iniciativa, o escritor compostelán Suso de Toro (Santiago, 1956).

 

En Tac Tac Tac teñen participado escritores de relevo e suceso editoriais, tais como Manuel Rivas e Pedro Feijóo. Explica Numax que esta iniciativa xurdiu como unha iniciativa de criación literaria que procura "preservar a experiencia analóxica na producción e leitura do texto literario".

 

A orixinalidade deTac Tac Tac non só consiste no singular evento de ver os escritores producir ao vivo, senón tamén na efémera experiencia das e dos leitores potenciais: o público só poderá ler os textos na mesma sala Numax en que foron redixidos e apenas por un tempo limitado.

 



x