Talía leva a escena a novela de Casares 'Os mortos daquel verán'

Talía leva a escena a novela de Casares 'Os mortos daquel verán'
Escena de 'Os mortos daquel verán'
Escena de 'Os mortos daquel verán'  

Talía Teatro e o Centro Dramático Galego celebrarán o Día das Letras Galegas cunha aproximación escénica á novela de Carlos Casares, 'Os mortos daquel verán'. 


Para conmemorar o escritor homenaxeado deste ano, Talía Teatro e o Centro Dramático Galego levarán ás táboas unha aproximación escénica dunha das súas novelas máis relevantes, 'Os mortos daquel verán'. A obra será presentada no Salón Teatro de Compostela os días 16, 17 e 18 de maio.
cartel_os_mortos_daquel_veran_def._a4

Toño Casais, María Ordóñez, Dani Trillo, Diego Rey, Artur Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, Gustavo G. Dieste e Xurxo Barcala protagonizan esta montaxe, que dirixe Artur Trillo, que explora a linguaxe innovadora desta novela publicada en 1987 pola editorial Galaxia. 

A obra nace a partir da aparición do cadáver do boticario Modesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial na que unha rica galería de personaxes irá aportando o seu testemuño para intentar esclarecer o caso. O pulo para acadar a verdade, a crítica do dogmatismo e das diversas formas de violencia opresora son as forzas que inspiran esta proposta, escrita nun rexistro innovador e cunha orixinal estrutura. Unha obra dirixida a un público adulto que analiza as complexas relacións sociais das vilas galegas de principios do século XX. 



x