A Ukestra do Medio vaise de xira por Londres

A Ukestra do Medio vaise de xira por Londres
Ukestra do Medio
Ukestra do Medio  

Em princípio é o nome do primeiro disco de Ukestra do Medio. A formación compostelá prepara para decembro a presentación do seu primeiro traballo con tres datas na capital británica

 


O primer traballo da banda compostelá Ukestra do Medio está composto por catro clásicos que a banda adapta ao son do ukelele: Friday I’m love de The Cure,Sembrando flores de Los CojolitesAin’t no thang de KatzenjammerDon’t you want me de The Human League. Esta última, cunha letra de creación propia adaptada ao galego.

 

“Básicamente usamos ukeleles, caixón flamenco ou peruano -coñecido popularmente como caixón flamenco, é un instrumento de orixe americano introducido na península grazas á Paco de Lucía- e derivados do ukelele como o banjolele. Tamén instrumentos como a armónica para acompañar as voces, paus e maracas na percusión e ás veces, o baixo”, explica Alberte, integrante da banda.

 

A historia de Ukestra do Medio remóntase ao ano 2013: “coñecímonos nas aulas da Escola do Medio, nas clases de ukelele. De feito o noso nome xa vén de ahí. Saímos da escola e continuamos como banda”, explica. Cunha ampla experiencia no directo, nos seus concertos fusionan o son do ukelele con clásicos do rock n’ roll, country, swing ou pop. Tamén levan ao seu terreo pezas de música tradicional galega, portuguesa, tangos, bossanovas ou até jarocho mexicano.

 

"É a primeira vez que tocamos fóra, só tocamos en Galiza e no Bierzo unha vez. Un do grupo está emigrado en Cambridge e aproveitamos para tocar alí e de paso, facer unha viaxe”. A pesar de contar cun bo recorrido por bares, salas, centros sociais e festivais de todo o país, “para moitos de nós é a primeira vez que estamos nun grupo, só eu teño experiencias musicais previas”, explica. Alberte, que foi baixista do grupo hardcore punk compostelán Dirty Barriguitas e milita actualmente en Samesugas e Os Novos atópase moi contento cos resultados que están a obter deste proxecto: “está sendo todo moi fácil e divertido. A primeira vez que gravamos no estudo de A Ponte non sabíamos se estabamos preparados. Era unha demanda que nos facían nos concertos”.



x